Alfredo Ferreiro, Sociedade

Eu tamén adherín o manifesto Galeusca

A Asociación de Escritores en Lingua Galega, como integrante da Federación de Asociacións de Escritores “Galeusca”, da que tamén forman parte a Associació d’Escriptors en Llengua Catalana e a Euskal Idazleen Elkartea (Asociación de Escritores Vascos), emitiu a 11 de xullo un manifesto que pretende saír ao paso do discurso pretendidamente homoxeneizador e centralista que subxace no “Manifiesto por la lengua común”, de Savater e diversos convictos e exconvictos.

Eu tamén adherín tal manifesto, e teño que confesar que me sorprende a escasa reacción até o momento desde o Blogomillo ante unha proposta tan facilmente asumíbel por creadores e defensores da cultura. Algunhas excepcións que atopei son Xesús Manuel Marcos, Marcos Valcárcel, Manuel Bragado, Marta Dacosta e Xosé Manuel Eiré.

A. F.

Revisión 19/07/2008: Acrecentamos á listaxe de adhesións expresas en blogues a de Francisco Castiñeira.

Revisión 20/07/2008: Manuel Bragado (reincidindo), Mario Regueira, Marcos Calveiro, Manuel Lôpez Rodrígues.

Share
Standard

15 thoughts on “Eu tamén adherín o manifesto Galeusca

  1. Levita says:

    Ante este tipo de ofensivas convén reaccionar coa cabeza fria. Unha reacción en quente, masiva e indignada faríalle o xogo, porque sinxelamente contribuiría a facer noticia, que é o que eles pretenden. O mellor, creo que é agardar, con sorte pasará practicamente desapercibida a súa xogada, e a obsolescencia da información sepultaraos coa insignificancia. Non contribuamos aos seus propósitos alporizándonos. Se esta ofensiva comeza a ser seria(cousa que de momento non parece), será o momento de tocar a campá, cuadrar as filas e disparar con teclas contra o españolismo.

  2. Levita says:

  3. Levita says:

  4. Canto ás adhesións explícitas que eu procurei ao Manifesto Galeusca de 11 de xullo no Blogomillo, non atopo tantas como se referencian en Ferradura en tránsito. Por súa parte, a de Francisco Castiñeira xa foi incluída.
    Aliás, quero deixar claro, antes xa de ferir susceptibilidades, que este post non pretende exercer calquera “control parapolicial” sobre as manifestacións ideolóxicas do Blogomillo. Só pretendo defender a pertinencia de apoiar o Manifesto Galeusca de forma taxativa e contundente, algo que sorprendentemente para min non se observa aínda na Rede.

  5. Canto ás adhesións explícitas que eu procurei ao Manifesto Galeusca de 11 de xullo no Blogomillo, non atopo tantas como se referencian en Ferradura en tránsito. Por súa parte, a de Francisco Castiñeira xa foi incluída.
    Aliás, quero deixar claro, antes xa de ferir susceptibilidades, que este post non pretende exercer calquera “control parapolicial” sobre as manifestacións ideolóxicas do Blogomillo. Só pretendo defender a pertinencia de apoiar o Manifesto Galeusca de forma taxativa e contundente, algo que sorprendentemente para min non se observa aínda na Rede.

  6. Eris: utilicei o a palabra “convicto” na súa acepción máis próxima á etimoloxía, no sentido de “convencido”. Neste sentido, se coñece un pouco o percurso dos apoios dese manifesto saberá que algúns dos asinantes xa fixeron pública a retirada da súa asinatura.
    Canto ás cuchipandas das que fala, saiba que a Asociación de Escritores está agardando polo seu nome para reservarlle unha mesa na próxima. Para ser socio da AELG os requisitos son tan exiguos que até vostede poderá ser aceptado. Iso si: debería, a non ser que a súa consciencia lle permita o contrario, ser nalgún sentido un convicto do valor e pertinencia da literatura galega.
    Canto ás linguas, o castelán fálase por decreto desde hai ben tempo. Trátase de que o decreto amplíe o espazo de liberdade, creo eu.

  7. Eris: utilicei o a palabra “convicto” na súa acepción máis próxima á etimoloxía, no sentido de “convencido”. Neste sentido, se coñece un pouco o percurso dos apoios dese manifesto saberá que algúns dos asinantes xa fixeron pública a retirada da súa asinatura.
    Canto ás cuchipandas das que fala, saiba que a Asociación de Escritores está agardando polo seu nome para reservarlle unha mesa na próxima. Para ser socio da AELG os requisitos son tan exiguos que até vostede poderá ser aceptado. Iso si: debería, a non ser que a súa consciencia lle permita o contrario, ser nalgún sentido un convicto do valor e pertinencia da literatura galega.
    Canto ás linguas, o castelán fálase por decreto desde hai ben tempo. Trátase de que o decreto amplíe o espazo de liberdade, creo eu.

  8. Eris says:

    Savater e diversos convictos e exconvictos…?
    Máis de un quería preso logo…?

    …teño que confesar que me sorprende a escasa reacción até o momento do Blogomillo…

    Ó mellor é que estades esquecendo INVITAR a todos ás cuchipandas… e claro xa se sabe se sebo a cousa vai a contrapelo…!

    Unha LINGUA non se fala por DECRETO!
    Nin se merca un pobo con 50 millón de €uros da Conselleira de Cultura…!

    Seguide a disfrutar das vacas gordas, e a VIVIR DA LINGUA…!

  9. Eris says:

  10. Pingback: ferradura en tránsito » solidariedade co manifesto Galeuscat

  11. Pingback: ferradura en tránsito » solidariedade co manifesto Galeuscat

Comments are closed.