I Encontro de escritores “Cidade da Coruña”: Narrativa con memoria

[kml_flashembed movie="http://ca.youtube.com/v/PXqSI4drgX0" width="320" height="240" wmode="transparent" /]

Share

4 comments to I Encontro de escritores “Cidade da Coruña”: Narrativa con memoria

  • Estou de acordo con vostede en que xa vamos cheos de memoria histórica. De facto, hai unhas semanas escribín un poema en que os “esquecidos” danzaban cheos de sono ao son dos políticos sen poderen descansar en paz e bla, bla; un texto no contexto actual politicamente incorrecto. Eu sempre gosto máis das fórmulas que apuntan para adiante. Porén, hai que darse conta que o asunto ten moito de político na actualidade, vencellado a un recoñecemento do que precisaba ser recoñecido para compensar tanta transición política dereitista.
    Por outra parte, a literatura valiosa transcende os contidos de que parte até o punto de que non importa se foron reais ou imaxinados. O mundo literario é sempre creado, novo, e se funciona sempre apunta para o metafísico no sentido en que as vidas ficcionais que describe supoñen unha reflexión sobre a vida, que é encontro permanente coa verdade e o misterio.
    As personaxes da triloxía de Alcalá transpórtannos a un mundo tan ben construído, coa vida ao limite, que xa non nos importa se o relatado é baseado no realmente acontecido ou se foi imaxinado. A cuestión é que consegue transportar o lector a un espazo de reflexión sobre a perigo, a inxustiza, o medo, é dicer, sobre as contixencias da vida. E tais personaxes non son pobres, desde logo, porque foron creadas desde unha verosimillanza que as fai multifacetadas, como a vida mesma de todos é.
    Outra cousa é que eu, como parece que lle acontece a vostede, gustase de atoparme algo tan ben escrito tamén noutros contextos menos históricos, até futuros, mais a narrativa dos máis novos moitas veces precisa aínda unhas ferveduras para que me chamen a atención. Se cadra estes últimos cando o consigan xa se atopen entre os vellos e outros máis novos que nós experimenten o que agora nós vimos de falar. C’est la vie, la vie c’est comme ça, que di o Senegalés Diob (?) desde hai 15 anos cada vez que o atopo pola Coruña a vender trangalladas pola noite.

  • Afortunadamente semella que o motivo da memoria vai esgotado por un tempo. A memoria obtura a vida, non deixa vivir, e vivir é o que fan as personaxes nas novelas, ou as voces na poesía, zugarlle a vida a quen se mete nelas e vivir a seu través unha nova vida capaz de enunciarse só na continxencia do receptor, que a fai acto, lectura, pensamento e se quere acción, nese preciso momento, nese preciso instante, que está ahí, no que o vento pode mover unha folla ou non mover, no que a imaxinación pode ficciónar a folla e o vento e a folla movendo o vento, promesa de felicidade ao fin, pero rota. A que ven entón tanta memoria literaria (como se non houbese historia), cando a metafísica se fundiu e con ela a memoria perdeu a súa casa, o seu alpendre, seu cabaceiro, a súa caseta de can cínico, tráxico ou estóico. Pobres personaxes os das novelas históricas, sempre penso que merecerían outra vida, gostraríame liberalos dos barrotes da memoria e do pasado, situalos na historia e facelos presentes!