Pepe Cáccamo contra as industrias criminais do tempo

Vento de sal, de Xosé Mar�a Álvarez CáccamoO poeta traballa coas sombras. Apaña as substancias que a memoria arquivou e con elas elabora unha visión do pasado. É, pois, avant la lettre, un artista plástico. As pedras da lembranza, aquelas que foron submetidas a decantanción polo transcurso do tempo, son os materiais con que a sensibilidade do poeta constrúe o texto. Deste modo os poemas deveñen sombras que o lóstrego da memoria proxecta no papel, pantalla oportuna, para o noso desfrute de espectadores: “Nunca / esquezamos a luz, a luz rarísima / que entraba polas fendas do faiado, / o que fica en min aínda lóstrego.” En Vento de sal referénciase así a recuperación poética do pasado, do que en rigor só se alcanza a ver no seu perfil sombrío, imposíbel de revivir para alén de nun sentimento perenne.
Nesta liña rememorativa o libro ofrece flashes da infancia, da nai (“A miña nai quebrada, brinquedo de latón, / contra os muros do mar”), do pai (“Eu nunca chego a tempo / para darlle compaña nin xantar / a este home remoto / que di ser o meu pai”), das primeiras experiencias eróticas (“Ela era / azougue clandestino, un corpo que pasou / atravesando as órbitas da lúa”), das tardes de domingo ou os areais e os seus ventos que tiñan un valor obscuro para o rapaz sensíbel mais inseguro (“Non sei saír do vidro / derretido de agosto”).
Logo dun imaxinario tan rico como este vén o oficio. A pericia que fai que Vento de sal conteña moitos outros versos que tamén han ultrapasar necesariamente a peneira do tempo: “Traba / con dentes de metal opaco a insidia / das industrias criminais do tempo.”; “A cortiza dolorosa, o crecemento / animal das carabuñas”; “Peixes verdes en unánime desfile, dirixido / pola orde secreta / das vibracións do ar”… Son versos de máxima suxestión e corpo mínimo, condensación ben pouco habitual neste tempo de confesión íntima e narración superficial de experiencias en que o poético semella un capricho inxustificado para engordar o xénero literario. Porque para facer poesía non chega con ter vivido, senón que é preciso mostrar a Verdade do vivido como “un tremor de nostalxia sen volume”. A tristeza, ese tópico pendurado do poeta, non é un capricho da Tradición senón un modo de aproximarnos do inaprensíbel: o noso destino é chegarmos a acordar o “perfeito suicida” que agarda por nós “no derradeiro andar”. Aquel que acompaña o poeta desde sempre e do que este declara: “El deixou unha nota / que avisaba / da miña tristura.”

Alfredo Ferreiro

[Sobre Vento de sal, de Xosé María Álvarez Cáccamo. Galaxia, 2008. Publicado en Protexta, suplemento da revista Tempos Novos, 7, verao de 2008]

Share

18 comments to Pepe Cáccamo contra as industrias criminais do tempo

  • Concordo con estas palabras súas. Lembremos que aquel vello obxectivo da literatura era ensinar deleitando. Mais quen pode ensinar senón un mestre? Ensinar sobre a vida, claro, dentro dunha pedagoxía integral da persoa, é o antigo obxectivo das relixións, o desprezado obxectivo da que fixeron pasar pola miña relixión e que como descubrín nos últimos séculos só se dedicou a submeter a sociedade e reservar o ensinamento espiritual para un grupo de elite. Así lles foi, claro, e así esqueceu a Igrexa a súa razón de ser. Ao final a mensaxe de Jesús foi a mesma que a de todos os iluminados de sempre: através do Amor é que se atinxe a enerxía que conduce á harmonía interior.
    Por outra parte, esta estrutura mestre-discípulo é unha das bases da Tradición (chamo tal ás estruturas perenes de ensinamento espiritual) que perdura mesmo despois de que a modernidade, talvez a causa dos excesos dogmáticos e intereseiros negocios da Igrexa, teña rexeitado o campo espiritual. Así as cousas, hoxe a literatura ten como obxectivo algo así como un entreter divertindo. Como había de ter máis altas intencións se espiritualmente non se recoñecen graus entre as persoas? O que leva a outra cuestión: a mesma intención do autor está posta en entredito, pois se considera que a significación da obra literaria depende máis do receptor que do emisor. Así se abre a porta para que a verdade sobre unha obra literaria sexa cuestión de infinitas opinións posibles, e que todos os criterios sexan valorados como igualmente válidos.
    O mito, pola súa parte, é unha imaxe moi ben elaborada, moi sabiamente creada para ilustrar un aspecto humano universal. Quen os creou tiña o coñecemento necesario para calcular o valor comunicativo que opera no seu interior.
    Agradezo as súas palabras e as interesantes opinións que publica neste blogue.

  • levita

    Sinto terme referido en termos quizais non adecuados, e cegar o desenvolvimento. A súa posición paréceme interesante, moi interesante porque se alonxa da comprensión do literario como mera erudición(que está ven pero como distraemento ou xogo) e sobrepasa os enfoques funcionalistas, soterrada e disfarzadamente hoxe mais abundantes do que parece. O fenómeno literario situado privilexiadamente a carón do espirito (a mente) abre os procesos de significación e refireos a cuestión ontolóxica, por iso quizais non sirba para nada mais que para preguntarse que pasa?, que é?, permitindo a reentrada da experiencia do dicir, e encontrarse cos interrogantes que non cesan e que precisan dunha enunciación para non desesperar, demasiado, cando se saiu definitivamente e sen posibilidade de retorno do mito. A literatura seculariza o mito ainda que queira volver ao mito e é o xeito mais xenuino de aproximarse a verdade entre as cousas.Por esto sigue a producirse e a lerse literatura, porque o autor explora os terreos virxes do dicir e os situa no mapa como conquista da especie para orientarse no misterio, no descoñecido ou no ignoto que segue a ter a vida.
    Agardo con interés o seu poemario e seguirei a súa interesante laboura crítica.

  • Lamento non poder seguilo en tal prolíficas disquisicións filosóficas. Talvez puiden dar a entender que sería un bon parceiro para iso, mais os conceptos filosóficos que utilizo pouco pasan das acepcións comúns do dicionario. Non se espante, por tanto, do meu atrevemento nas afirmacións, pois non parten dun mínimo coñecemento da Historia da filosofía.
    Por outro lado, non creo que a arte poda ocupar o lugar do absoluto, senón referirse a el. É o modo en que o fai, mediante os recursos literarios, que é susceptíbel de reflexión. Ao tempo, cando a literatura se mostra interesada no absoluto desde logo se mete no campo da relixión. O mundo físico revélase incompleto para dar carne aos temas e necesariamente surxe o ámbito do espiritual. Diso trata a relixión, de re-ligar un mundo e máis o outro, como tamén tentaba a filosofía antiga no ensinamento do filósofo. Ese é tradicionalmente o Coñecemento.

    Deixoume vostede señor Ferreito dunha peza, a revelación coa que tiven trato dende a certeza relixiosa vinculósume unha vez mais coas soterradas e sinuosas relacións coa estética. Fai tempo que deixei esas vivenzas e me orientei con todo o discernimento que puiden a aplicarme a verdade. O coñecimento por revelación, nas teorías do coñecimento, na epistemoloxía, ou nas teorías do saber é o coñecimento do dogmático. Convencido de que para coñecer fora do ámeto relixioso é necesario un mínimo esceptismo, para distanciarse, distingo duas correntes fundamentais, aquel acercamento a verdade como “correspondencia” e a proposta da verdade como “construcción”. Acercamentos os dous que parten da distinción entre verdade analítica e verdade sintética. O tratamento da verdade mais considerado, a de Toullmin, refire finalmente a verdade lóxica, analítica, en lograr atravesar o ambito do mundo.
    Pero digo que me deixou dunha peza, porque é dificil encontrarse hoxe con persoas que afirmen cunha rotundidade como a súa o valor da verdade estetico-relixiosa, como nos mellores tempo de Gadamer, ou na versión secularizada do “aberto” de Heidegger.
    Eu hoxe entendoo pola modalidade específica de síntese da estética. O discurso científico sobre todo, pero tamén o das ciencias sociais cometen un grao elevado de violencia, para afirmarse no seu dicir, deixan moitos aspectos fora, discriminan taxativa, as veces binariamente, pola contra a síntese estética permite unha síntese fluida onde as discuntinuidade nunca son definitivas e pode o discurso unir por camiños imposibeis para outros ámetos discursivos, mediante a verosimilitude os contrarios, liberándose do pensar lóxico, da verdade cientifica e da crenza fundadamentada racional ou empiricamente. Esa direccionalización cara o absoluto vincula a estética coa relixión, isa transcendencia dun dicir capaz reintegrar no ser.
    A cesura Kantiana obliganos a volver a unir, el intentouno na critica do xuizo, e fracasou, tamén Hegel, e volve a abordarse con Danto coa fin da arte, e o comezo do pensamento postmetafisico.
    A arte pode que ocupe o lugar do absoluto, pero non é un absoluto porque é abordabel argumentalmente, razonabelmente, dando conta da súa presencia con boas, as mellores razóns posibeis.
    O relixionso queda na marxe, no exclusivamente numinioso, na consciencia trascendida .

  • Concordo basicamente co que di da experiencia, mais non así co que afirma da revelación. A revelación non é totalitaria senón que fornececendo a verdade sobre algo acontecido, como por exemplo unha epifanía, outorga a liberdade de coñecer as cousas como son. Aquelas que interpretábamos dun modo dado e a partir daí non están suxeitas a novas interpretacións, a demagoxias intereseiras que mudan de cor segundo as conveniencias de hermeneutas con autoridade falsa. A autoridade de quen vén da imposición e non do coñecemento, é claro.
    A revelación é o acto da comprensión definitiva sobre algo, e o coñecemento da verdade libera o ser humano porque lle permite mellor facer as contas certas no negocio da vida, que non é máis do que a xestión da enerxía de que dispón durante un tempo. O tempo de cumprir o seu destino, se lle queremos dar unha perspectiva positiva ao misterio dos misterios.
    A verdade, por súa parte, non muda segundo as opinión duns ou outros, senón non sería máis do que unha hipótese. O que acontece é que actualmente temos unha visión da verdade errónea no sentido de que lle exiximos que teña a mesma face desde todos os ángulos, como se dunha fórmula científica se tratase. Mais a verdade é unha árbore que ofrece distintas faces desde cada perspectiva sen deixar de sustentarse nun tronco humano único que enterra as raíces no solo natural. Por iso a verdade é mellor formulada desde a literatura que desde a ciencia moderna, como por exemplo através do paradoxo: “a terra é azul como unha laranxa”, dicía non lembro cal surrealista francés.

  • As seguintes pequenas extensións non están en relación oposta as súas reflexións:

    -A experiencia é sempre dun, ainda que se apoie na doutro
    senón non sería experiencia.
    -O imaxinario nunca é real, se sabemos que é imaxinario. Agora ben sabemos que o imaxinario pode referirse a algo mais real que o proprio imaxinario, sen que o que o imaxinou se decate. Pero o que imaxina consciente de que imaxina sabe que se move entre os campos magnéticos do simbólico e o real.
    -O coñecemento só pode vir da experiencia xenuina, ao esgotarse os conceptos de interpretación do real.
    -No lugar de revelación, prefiro epifanía. A revelación é demasiado sincrónica e dificilmente deconstructibel, pola contra sempre se poden seguir os circuitos de confluencia e comunicación das epifanías, que deixan de ser tales, en canto queden subsumidas nun novo concepto que as interprete. Pola contra a revelación fulmina toda acción do suxeito, é totalitaria, dada dunha vez e para sempre, só queda venerar e religarse.
    -De calquera xeito o imaxinario cando é ficción acercase a realidade do único xeito que é posibel facelo, comezando por unha mentira para acercarse a verdade.
    -A verdade do real ao fin, é só un proceso dialéctico que non pode ser asumido nunca nos termos dunha certeza analítica, é unha cuestión sintética e suxeita a opinión, e ao mellor argumento, transitorio sempre. Compre as mais da veces calar, pero na medida que o tempo pasa e o pensamento non se interrumpe, aquelo do que non se pode falar, é precisamente do que mais interesa falar.
    O poema apertase a fala

    “En que paz?, na paz do morto. Mais de que morte?
    Algo extraño é a alma sobre a terra”
    G.Trakl

    “Onde vai esa luz?. Quen dicta ese rumor
    de libélulas brancas, ese fósforo roto
    a cair sobre nos…”
    X.M Alvarez Cáccamo

    “Fala ti tamén,
    fala o último,
    pronuncia teu provervio.
    Fala
    pero non separes o non do si.
    dalle ao teu provervio tamén sentido:
    dalle sombra
    …”
    P.Celán

  • É el mesmo o fixidor, dicía Pessoa. Finxe ter vivido o que conta, mais o que importa non é se foi experiencia súa ou de outro, real ou imaxinado. O que importa é se hai coñecemento no que transmite, non por onde teña vido tal coñecemento. Para o común só pode vir pola experiencia, para o visionario pode chegar pola revelación.

  • mais o poeta simula e minte sobre o finxidor.

    “Ainda no primeiro instante de culpa e de vergoña, acordou sacer a lingua para probar o gusto das bágoas. Chorando díxose:
    -É sal. Verdadeira sal. Como os meus poemas.”

    advertures in the skin trade
    Dylan Thomas