Un frustrado debate con Caneiro

O supracitado post de Caneiro atinxiu máis de 70 comentarios, mais se non chegou a haber verdadeiro debate non foi pola súa causa. Se infelizmente o cualitativo na conversa no alcanzou grande altura foi debido ao ego dun dos intervinientes que tentou acaparar a atención de tal modo que as súas afirmacións de bar sobre autores e críticos caeron como unha manta de frustración sobre os comentaristas. Máis unha vez un ego desatado impediu o desenvolvemento de argumentos valiosos nesta ágora a todos aberta.

Creo que, a risco de perder intervencións, paga a pena en certos ámbitos sermos máis exixentes sobre a calidade dos contidos. A época en que calquera intervención, por interesante que sexa, poda ser esmagada polo ruído de quen máis potas bate, debe acabarse. Eu aposto pola calidade dos contidos, até onde eu chego a ver, e para ladrar ou lapidarse sobran sitios onde facelo. A min xa me chegan as pedras coas que o meu atrevemento me fai tropezar.

Share

Comments are closed.