Alfredo Ferreiro, Sociedade

A AELG reacciona face á ignorancia de George Steiner

«A AELG LAMENTA QUE GEORGE STEINER DESCOÑEZA E DESPRECE A LINGUA E A LITERATURA GALEGAS.


(A Coruña, 27 agosto 2008).- A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) lamenta profundamente as declaracións de George Steiner a respecto do noso idioma e da nosa literatura. Non podemos aceptar, nin pasar por alto, que unha persoa de probada valía intelectual, que no seu día recibiu o premio Príncipe de Asturias da Comunicación, manifeste un descoñecemento tan elevado da nosa literatura e non teña reparos en demostralo nunha entrevista, amosando un total desprezo polo que non coñece, facendo gala da súa ignorancia e demostrando unha nula gratitude cos cidadáns do Estado que un día o premiou.

A AELG quere pensar que estamos ante un caso de descoñecemento temerario da nosa tradición literaria, e non ante un prexuízo, que non poderíamos entender nunha persoa desta traxectoria e que, no entanto, si é quen de entender a cuestión catalá. Por tanto convidamos ao señor George Steiner a visitar o noso país e coñecer a nosa lingua e a nosa cultura, manifestándolle que nos encantará ilustralo sobre as antigas e fértiles orixes da lingua galega e da súa literatura, que transcendeu as fronteiras da Península, converténdose o noso legado literario medieval en modelo literario culto de referencia, e aínda hoxe é obxecto de admiración e estudo en todos os países do mundo, como o demostra a produción editada nas diversas manifestacións de xéneros literarios, ora clásicos ora en proceso de reinterpretación, as traducións a múltiples linguas europeas, a súa presenza en congresos, seminarios, encontros e outros foros literarios canda representantes doutros sistemas literarios, os importantes premios e recoñecementos conseguidos polos escritores e escritoras en lingua galega, no panorama estatal e internacional, así como os milleiros de páxinas escritas, dentro e fóra do país, ao redor da reflexión teórica que a creación literaria en lingua galega provoca nos estudosos e críticos. […]» (Continúa na Axenda Cultural da AELG)

Share
Standard

8 thoughts on “A AELG reacciona face á ignorancia de George Steiner

  1. Pingback: O Pen Clube critica a entrevista de Juan Cruz a George Steiner

  2. Pingback: O Pen Clube critica a entrevista de Juan Cruz a George Steiner

  3. Témome que se lles sacamos punta a tan desafortunados comentarios vai algunha xente pensar, tan só por hiperestesia, que temos algo contra o autor. Como se os escritores non tiveran a obriga de controlar as largura semántica do que din!

  4. Témome que se lles sacamos punta a tan desafortunados comentarios vai algunha xente pensar, tan só por hiperestesia, que temos algo contra o autor. Como se os escritores non tiveran a obriga de controlar as largura semántica do que din!

  5. Témome que se lles sacamos punta a tan desafortunados comentarios vai algunha xente pensar, tan só por hiperestesia, que temos algo contra o autor. Como se os escritores non tiveran a obriga de controlar as largura semántica do que din!

  6. Steiner dixo que o galego non era unha lingua tan importante coma o catalán (o terríbel non é a súa desconsideración cara ao galego, senón o feito de que crea que hai linguas importantes e linguas que non o son). Outra xente considera preciso elevar o rango artístico da literatura na nosa lingua, do que se deduce que até agora non acadara aínda altura abondo (e iso inclúe a Rosalía, a Manoel Antonio, a Cunqueiro). Non me parecen desprezos significativamente diferentes.

Comments are closed.