O Pen Clube critica Juan Cruz pola entrevista a George Steiner

Despois das respostas particulares á aquela entrevista realizada por Juan Cruz ao profesor da Universidade de Cambridge e da reacción da AELG, agora o Pen Clube de Galicia pon en foco a actitude do xornalista:

«Juan Cruz, máis que entrevistador coautor de Yo intento fracasar mejor mejor, non é un octoxenario desinformado. Este escritor canario coñece a existencia e a traxectoria da literatura galega, trata directamente a varios autores actuais, non se lle escapan nomes como o de Álvaro Cunqueiro, Rafael Dieste, Eduardo Blanco-Amor, Celso Emilio Ferreiro, Carlos Casares, Alfredo Conde…e ten participado en numerosas actividades literarias en Galicia, a última nas Xornadas de Mariñán, organizadas pola Fundación “Carlos Casares”, do 4 ao 7 de xuño pasado.

Non cabe dúbida ningunha de de Juan Cruz aproveitou as declaracións de George Steiner para botar leña ao lume na actual situación lingüística e literaria no Estado das Autonomías, co “Manifiesto por la lengua común” como telón de fondo. Pouco lle debemos agradecer a partir de agora, ao simpático e poderoso novelista, que acostuma a festexar os “chistes de gallegos”, os que loitamos, día a día, en Galicia e nos foros internacionais, pola pervivencia da literatura de noso.» (Axenda Cultural da AELG)

Ante esta intervención do Pen Clube Manuel Bragado acha unha motivación esencial: que “é un xeito doado de conformismo” que denota “a nosa incapacidade para presentarnos (e polo tanto para facérmonos respectar) no exterior”. A verdade é que en moitas das nosas institucións, sobre todo aquelas que máis recursos teñen, moitos botamos en falta políticas de amplo espectro que impliquen un verdadeiro recoñecemento da nosa cultura. Así non gastariamos tanta saliva en protestar e máis en explicar ante a curiosidade exterior as nosas fórmulas propias de crear cultura. Mais isto só pode surxir de mentes que traballen no marco dun compromiso de resultados a medio e longo prazo, algo que nesta altura aínda resulta difícil esperar. Foron moitos os anos de ermo, e moitos tamén o de falso apoio institucional.

Pola súa parte, a entrevista que fixo Juan Cruz non ten desperdicio. Steiner revélase un intelectual de altura en certos temas ao tempo que nos sorprende con desatinos abisais. Di, por exemplo, do vasco: “Ese idioma tan misterioso es muy raro, muy poderoso. Quizá por eso a alguna de esa gente le resulta tan imposible aceptar el mundo exterior.”; do amor, en troca, afirma: “Yo vivo en cuatro idiomas, escribo y pienso en cuatro idiomas, sueño y hago el amor en distintos idiomas.” Como pode fornicar este home se non pára de falar? O amor é distinto en varios idiomas? Entón é claro que non está preparado para coñecer o amor galego nin o vasco.

A verdade é que unha entrevista que tira dun home como Steiner tantas afirmacións substanciosas é unha entrevista ben feita, cun entrevistado ben disposto a falar. Neste contexto, o Pen Clube parece que quere exixirlle ao xornalista menos distanciamento co caso galego en horas de confronto lingüístico alimentado con moi malas intencións. O asunto é: debe un xornalista canario coñecedor do caso galego implicarse máis en entrevistas como esta? Debe ser deostado por ingrato unha vez que sabemos foi convidado a xantar cos nosos cartos? Servirá isto tamén para “facernos respectar”? Teño para min que, se ben non debemos calar ante as afrontas, o que máis nos fará respeitar fóra van ser as nosas accións, moito máis que as nosas reaccións.

Revisión 31/08/08: Juan Cruz: “He sido siempre un defensor de la cultura y la literatura gallega”; O de marras; “Síntome ferido”.

Revisión 01/09/08: “Las tonterías de Steiner”; “A temeridade dun filósofo“; Bomba no PEN Clube polo ‘caso Steiner’; “o pallaso Steiner, os cartos“; “Caír intelectualmente tan baixo“.

Revisión 02/09/08: “Steiner aconsellounos mirar a Europa“; “Internacionalización do galego“.

Revisión 04/08/2008: “existir e máis aló“.

Share

12 comments to O Pen Clube critica Juan Cruz pola entrevista a George Steiner

  • […] troques, Steiner lembra moi ben aqueles nitro coulants en Girona, e as ostras cun aire de […]

  • Arturo Casas

    Agradezo as súas anotacións e retomo algúns fíos. Prescindo da numeración para ser algo máis breve e porque varios dos apartados converxen.
    Creo que o asunto da presunta ‘ignorancia’ de Steiner ou o da súa intencionalidade de fondo, tratado hoxe mesmo noutro blog que tamén estimo, non conducen a ningures. Só libera en quen usa ese termo unha certa tensión emocional e, nun segundo plano, procura no grupo aludido unha cohesión momentánea que me parece perfectamente inútil.
    Hai outra dimensión non tocada aínda. A tendencia é sempre a entender “literatura nacional” como o paquete “autores + obras”. Interprétase que Steiner dixo que os nosos autores e as nosas obras, en perspectiva histórica e comparada, non dan a talla. Case todo o mundo interpreta iso, estritamente iso. Por esa razón reaccionaron basicamente as organizacións de escritores. Por iso se pensa que se Steiner vén aquí e xanta con Este e Aquel e se leva á casa ás súas novelas o caso quedaría solventado para a seguinte entrevista nalgún diario de vocación decididamente local e subsidiaria. Pero a literatura é máis ca iso, máis ca os poetas e as súas palabras. A literatura comprende tamén as institucións, o mercado, os lectores/as… Desde un punto de vista económico e institucional a literatura galega non posúe, nin moito menos, as dimensións da literatura catalá. Non serve de nada a este propósito (non é o debate) dirimir se temos aquí mellores poetas que alá (cousa que como mínimo e atendíbel, pero tamén vacua). A cuestión, e desde ela creo que fala Steiner, é estoutra: comercial e institucionalmente os cataláns, e con eles outras entidades nacionais máis ou menos sólidas, cren na relevancia da súa cultura, teñen un corpo amplo e dinámico de lectores e de consumidores da cultura propia (e das alleas, claro, pero sobre todo da propia). E cando digo “os cataláns” digo as súas institucións civís e políticas, digo os seus medios de comunicación e digo tamén a xente.
    Steiner sabe de sobra que hai seis libros seus traducidos ao catalán. Sabe que existe esa demanda nalgún sentido “civil” en Cataluña e que iso trae consigo conferencias, recoñecementos académicos ou públicos, etc. E sabe que a situación non ten parangón noutras periferias da Península Ibérica. Non o ignora. Sábeo ben. E a partir de aí prexulga o resto, porque normalmente esas ecuacións dan no que hai. Se Steiner tivese dous ou tres libros traducidos ao galego nunca diría o que dixo. Alguén o dubida?
    Aquí pexamos con carencias de sobra coñecidas. Saliento unha: aínda non fomos quen de crear unha entidade de proxección exterior como a comprometida repetidas veces. Un Instituto/Centro/ Rosalía de Castro ou como se decida chamalo. É inadiábel. Pero moitos, desde o Goberno e o Parlamento ou desde as Universidades e outras institucións próximas do campo cultural, consideran que é un asunto secundario que pode quedar para a vindeira lexislatura (a orografía, xa se sabe).
    A falta de presenza suficiente no campo académico (comparatismo, crítica…) da literatura galega é un fenómeno que compartimos con outras culturas periféricas. Non hai solucións a curto prazo no mundo globalizado pero é moi importante ver o que funciona e o que non funciona nese marco. Facer unha análise seria e técnica de todo iso e logo intervir mediante unha planificación e unha estratexia técnica e política de prazos medios. As traducións, a procura de novos círculos de correlación con determinadas culturas e determinados colectivos (as culturas de sempre e outras, os colectivos de sempre e outros) e a rede serían para min os fundamentos básicos do avance que arelamos.
    Naturalmente, o asunto transcende de todo o sinalado. A carencia fundamental no noso caso é social e política. En definitiva, é o debate sobre a subordinación/soberanía nacional, cos graos intermedios que cada quen contemple.

  • Arturo Casas:
    1. Estou de acordo en que as patentes ignorancias do señor Steiner non fundamentan que sexa categorizado como ignorante. Por moito que teña demostrado ousadía de máis falando do que non sabe (cando outros da súa talla saben ser máis prudentes) a realidade é que o “lote Steiner” non pode ser vendido tan barato. Todo o que debe saber non pode ser obscurecido con lacunas puntuais.
    2. Comprendo o que di dos comparatistas, e paréceme oportuno. Debemos ter en conta os fundamentos das opinións máis recoñecidas, que non nacen da iluminación senón da información asumida.
    3. Di vostede que “A literatura galega carece dun espazo propio e definido na cartografía dos comparatistas de prestixio e nas dos máis reputados historiadores das literaturas europeas ou da literatura europea como entidade, sexa isto o que for.” Como debemos enfrentar esa falencia de imaxe, para o interior e para o exterior?
    4. Desde logo a respeito dunha entrevista xornalística existen como mínimo tres responsabilidades no resultado final: a) a responsabilidade do entrevistado polo que di; b) a responsabilidade de quen asina a entrevista;
    c)a responsabilidade do medio por como nos chega a información. Todas poden ser postas en cuestión licitamente. É claro.
    5. “[Steiner] Fala de oídas e comete erros grosos na descrición dos feitos e da realidade. É algo común entre os comparatistas europeos cando falan de Galiza e da súa cultura”. Os que pretendemos debate comunmente falamos “de portas adentro”. Si, creo que até agora todo o fixemos así, até os premios literarios. Foi para min patente cando gravei a presentación do libro dun grande premio literario. Unha vez que aquel material gravado foi posto a disposición internacional na Rede percibín que contiña non poucas mensaxes exclusivamente dirixidas para o ámbito nosa intimidade comunitaria. Un evento que vai porse na Rede debe contemplar a amplitude do público que procura.
    6. Paréceme moi oportuno tamén a definición do funcionamento dos centros ideolóxicos (ou de información, como se queira). A cuestión para min é que non temos creado o noso centro. E non imos poder ofrecer unha imaxe nítida (a única válida) no exterior se o noso centro é difuso. Falamos entón da necesidade de planificar un centro desde posturas plurais e pragmáticas, cun estilo aberto mais cuns obxectivos definidos na dirección da creación, polimento e difusión do tesouro cultural?
    7. Aplaudo o que di a respecto das actitudes institucionais. Que cada unha delas se ocupe de cumprir o seu cometido.
    8. É certo que o debate de partida neste caso é un “asunto menor que deberia ser reorientado como “caso nós””, “a nosa representación exterior e a afectación diso sobre a nosa lexitimidade cultural/nacional”. Afirma vostede que o que merecería a pena sería “unha auténtica discusión sobre a planificación da proxección exterior da cultura galega”. Estou de acordo, e penso que a xestión desa proxección debe ser executada por conta de quen paga o diñeiro que custa, é dicir o goberno, mais que ao tempo é preciso tamén contar cunhas directrices previas nacidas de obxectivos moi definidos; obxectivos específicos que implican unha profunda reflexión sobre o que somos e que, debemos desexar, contribúa á creación dun centro ideolóxico (culturalmente) propio (se entendín ben o que dixo vd.). Como crear un caldo de cultivo que tenda para este lugar? Sería conveniente que nacesen outras instancias independentes que fosen responsábeis polas directrices e a planificación cultural, así como pola vixilancia do proxecto? Con instancias independentes tento imaxinar a grupos de persoas con sensibilidade e coñecementos, persoas en cadeiras que non dependen de grupos de poder, nun espazo de traballo plural e aberto mais estremadamente organizado.

    Non desexo polemizar sobre un asunto que me parece menor ao pé de tantos outros de dimensións máis serias, pero non me resisto a presentar aquí algunhas observacións que talvez fosen xa mencionadas por outras persoas en relación co que comezou sendo “caso Steiner”, derivou axiña a “caso Cruz” e eu estaría interesado en reorientar como “caso nós”. Dado que o espazo é breve, permítome enumerar unhas notas nas que concreto o meu criterio:

    1. Non parece apropiado, xusto nin intelixente cualificar a George Steiner de ignorante. Tampouco o é dirixir a artillaría toda contra Juan Cruz polas liñas e as omisións da entrevista nas que hai referencia á lingua e á literatura galegas. Outra cousa é cuestionar a intervención dun e outro en cousas que aos axentes da cultura galega nos afectan de xeito directo ou indirecto.
    2. Comezo observando que son excepcionais os casos de comparatistas que entenden a fondo e de verdade de máis de catro ou cinco literaturas. Fóra deses límites, bastante estreitos se temos unha idea non xerarquizada das culturas, o que os comparatistas citan provén adoito dun coñecemento parcial e non directo de textos e contextos, mediado en realidade polo dito por historiadores, críticos, antólogos e polo aprendido en enciclopedias ou a través de traducións (no de mediación emprego a propia terminoloxía de Steiner). Os comparatistas tradicionais, que son case todos incluído o autor de Language and Silence, dialogan en realidade cun canon pre-postulado como universal, trufado se acaso con casuais apuntamentos e contrapuntos menores tomados dalgunha literatura igualmente menor.
    3. A literatura galega carece dun espazo propio e definido na cartografía dos comparatistas de prestixio e nas dos máis reputados historiadores das literaturas europeas ou da literatura europea como entidade, sexa isto o que for. En realidade, existe unha dobre alfándega —a portuguesa e a española— que é moi difícil salvar e que se concreta en primeiro lugar na desaparición ou inconcreción das raíces literarias medievais na construción dunha identidade propia (propia para os galegos e propia tamén para os portugueses e para os españois). Pode resultar sorprendente que a romanística non alcanzase a vencer eses atrancos, porén esa é a realidade que temos. Os alumnos portugueses de Bacharelato, p.e., poden chegar a ignoralo todo sobre o que significa Galiza en relación coa súa propia literatura nacional ou a súa nación. Hai poderosísimas razóns simbólicas, históricas e políticas de fondo, claro. Igual que na construción da idea de España. Igual que na da cultura occidental. Construír identidades, postular realidades históricas… ten moito de invención narrativa e de acordo máis ou menos imposto nunha determinada comunidade. Outras veces, ten tamén moito de xustificación e de lexitimación histórica, en particular se manexamos a vara de medir colonial e poscolonial.
    4. O problema de fondo do caso Steiner tal como se veu desenvolvendo na prensa e nos blogs galegos semella ser dobre: a nosa representación exterior e a afectación diso sobre a nosa lexitimidade cultural/nacional. Iso é o que verdadeiramente debería interesarnos, alén de leas nas que os asuntos persoais ou corporativos —en sentido positivo ou negativo— desfiguren o debate. Un debate que, por certo, entendo oportuno e que, segundo observan Brétemas, o Levantador de Minas e outros bloggers, podería actuar como catalizador para unha auténtica discusión sobre a planificación da proxección exterior da cultura galega. Aquel dobre problema complícase nos dous discursos combinados na entrevista de Juan Cruz a George Steiner. Parece doer (a algúns) que aquel a quen tacitamente se concede algo semellante ao título de “maior humanista vivo” (MHV) ignore ou minimice a existencia da literatura galega e trivialice ou mesmo criminalice (a través da pouco fina alusión ao concepto de balcanización e da apelación latente á suposta violencia de certas gramáticas) algunhas linguas, algunhas actitudes, algúns dereitos, algunhas leis. Acaso axudase a entendelo, esa reflexión sobre a violencia e as linguas, a lectura das páxinas sobre o alemán de Heidegger e de Celan. Celan, o talismán da súa vida, ten dito Steiner. En segundo plano, parece doer asemade que aquel que algúns presentan como “amigo de Galiza” (p.e. o editorial de Xornal.com) non chegase a mediar nalgún sentido para que a agresividade verbal, moral e política de Steiner ou ben non chegase así a nós (ao público, e iso non é censura) ou ben recibise algunha clase de contraargumentación ou matización minimamente eficaces no contexto da entrevista (previsíbeis se o desprezo se dirixise á cultura española, ou, noutra escala, p.e., á canaria). Un terceiro plano de dor ou de molestia derivaría da comparación: Cataluña e o catalán, si; nós, a nosa lingua e a nosa literatura, non.
    5. Vaiamos coa primeira dor ou afrenta. Como se ten observado por parte doutras voces, é evidente que Steiner posúe informacións escasas e terxiversadas sobre a realidade social e cultural galega. Fala de oídas e comete erros grosos na descrición dos feitos e da realidade. É algo común entre os comparatistas europeos cando falan de Galiza e da súa cultura. Non creo que por ser Steiner, talvez oínte da COPE ou lector de El Mundo, debamos prestarlle moito caso máis. E desde logo, discrepo absolutamente de quen propón enviarlle libros ou documentación para “sacalo do erro”. Non logro entender esa asunción aparentemente inxenua de subalternidade nin ese propósito de alcanzar por fin unha mirada xusta, beatífica ou cómplice do MHV. Se xeralizamos esa praxe quedamos sen fondos para a Biblioteca Nacional do Gaiás, pois son moitos os maiores humanistas vivos que xogan na liga de Steiner. Entón: afecta á nosa lexitimidade ou a nosa dignidade nacional a invisibilidade ou a escasa visibilidade coa que somos detectados en certos radares? Radicalmente, non. Temos que contestar como grupo/colectivo/nación esta clase de erros? Entendo que non. É máis, dou por sabido que a maior parte dos que se manifestan publicamente a raíz de episodios coma este, saben que falan no fundamental de portas adentro, para os de dentro, para nós. Steiner disto nin se entera. Cruz, en cambio, si.
    6. Segunda dor, segunda afrenta. Con independencia do xuízo persoal que Juan Cruz merecese a cada un de nós antes do episodio —algo excesivamente presente nalgunha columna de opinión e na nota pública do PEN (por que dedicaría a metade da nota a presentarse?)—, nesta película el é un actor secundario. A súa actitude como entrevistador só debería molestar a quen considere que alguén co seu perfil público está para defender ou amparar referencias a terceiros, a terceiros coma nós, por poñer un caso (porque nós somos terceiros nos operativos mediáticos que Cruz xestiona; ou alguén ignora isto?). Malia Cruz, en efecto, formar parte dunha empresa e duns intereses determinados, en absoluto creo que nesta partida iso constitúa un referente fundamental das regras do xogo ou da estratexia de fondo. Orabén, hai outras facetas á marxe do acto e do momento da entrevista, outras prácticas, outros habitus… Hai unha traxectoria. Hai un aceptarse e postularse como interlocutor privilexiado coas provincias. Hai un sentirse cómodo co papel de canonizador do extrarradio. Hai un regusto aduaneiro. Hai unha funcionalidade apaciguadora, redutora e redutiva da pluralidade que hai fóra. Só pasan uns poucos, e de un en un. Cruz, un tipo simpático, seica, un tipo que vén de dicir que se sente ferido polo PEN galego, fala con algúns intelectuais e escritores, preséntaos no centro, delimita mesmo antecámaras nas que pode ir situando suplentes como Bieito Iglesias, un crack. A Cruz gústalle conversar, gústanlle as historias. Préstalle o ambiente Verines, como a moitos dos nosos autores e axentes. Naqueles mesmos días fala, tamén en El País, de Galiza = Praia de Santa Cristina e escolle informantes: Rivas, Reixa, un restaurador… Ve o que ve. Procura o sabor local, folcloriza, cata langostinos… O método non variou tanto no que vai de Pardo Bazán (De mi tierra) para aquí. Hai quen contemporiza con isto. Hai quen asente. Para o que fai e quere facer Juan Cruz non precisa máis. Ás empresas ás que se debe tamén lles é abondo porque conflúen con Cruz na lei básica da partida: o centro é rico, plural e irredutíbel, non admite limitación a un par de nomes; os outros centros son homólogos en riqueza e pluralidade; nas marxes rexionalizadas abonda con sinalar unha representación en singular, o seu mundo é menos rico, máis uniforme, é un complemento (isto asúmeo tamén a prensa local e actívao como mecanismo permanente de representación da realidade cultural). Esta é a política, non só en PRISA, claro, non só en España, non só en Galiza. Todo centro exerce ese control porque, se non, non é centro. Todo centro aspira a asimilar e metabolizar o que os seus vixías sinalan como valioso no extrarradio, e se de paso se consegue minorar iso que era alleo e se fai propio pois mel na filloa (v.g.: “100 escritores en español [Manuel Rivas, Carme Riera, Bernardo Atxaga e outros…] eligen los 100 libros que cambiaron su vida”, EPS). Quen descoñece estas regras?
    7. Terceira molestia: que eu saiba Steiner ten seis libros traducidos ao catalán, entre eles o último da súa produción. A produción traducida forma parte da produción cultural. Steiner é xuíz e parte neste caso. Que eu saiba Steiner non ten libros traducidos ao galego nin ao éuscaro. Os límites da súa linguaxe ou das súas linguas —as que sabe, as que entende, as que lle menciona o seu axente— son tamén nel os límites do seu mundo. Parece ser que nunca estivo aquí, onda nós. En Barcelona si estivo, non hai moito. E foi ben recibido e moi celebrado. Unha súa conferencia transmitiuse en directo nunha web municipal. Pero, ollo, non creo que agora sexa tempo de pensar en invitalo a que veña. Atención, AELG: nin cantigas nin agarimos, por favor.
    8. O caso somos nós. Paga a pena pechar o suplemento dominical e entrar con forza na segunda feira para tomar decisións adiadas durante excesivo tempo por institucións, medios e gobernos: como identificarse e autorrepresentarse?, como proxectarse e dialogar coas representacións que as outras culturas fan de nós?, como xestionar o noso desigual legado cultural e literario (da Idade Media ao século XIX) e a excelente hora presente (séculos XX e XXI)?, como convencer(nos) de que tras o hiato histórico de séculos seguimos sendo nós e somos tamén outros?, que interlocutores elixirmos?, que medios?, como dialogar coa Galiza que non se identifica con esa tradición?, como suxerir a comparatistas como Claudio Guillén que se Rosalía fala mal de Castela e da súa paisaxe non é porque tautoloxicamente renuncie a calquera experiencia do outro senón porque existía a sega e existía a historia?, como marcarse un rumbo serio e firme e non entreterse con Steiner nin con Cruz nin co sexo políglota dos anxos?