O Premio Avelina Valladares é un burato negro para os libros?

Semella que a partir de agora hai que ler a letra pequena dos premios literarios. Que nas bases indique que a obra pode ser publicada polos promotores non quere dicir que o vaian facer. Talvez afirmen ter asinado convenios con editoras para a publicación da obra gañadora, e mesmo ter acontecido que leven anos facéndoo, mais iso non impedirá que o libro dun ano fique en dique seco por non se sabe que estrañas razóns. Segundo se informa n’ O porto dos escravos isto aconteceulle ao poeta Arsenio Iglesias en 2006 na X edición do Premio Avelina Valladares da Estrada. Eu, desde logo, perdo o interese por presentarme nesas condicións.

Share

11 comments to O Premio Avelina Valladares é un burato negro para os libros?

  • Estou completamente de acordo. Desa xuntanza podía saír unha proposta que sen dúbida a AELG atendería.

  • r.r.

    http://www.xunta.es/Dog/Dog2008.nsf/FichaContenido/14B6E?OpenDocument

    En concreto, a base segunda.

    E si, Alfredo, desde logo que pagaría a pena tentar que os concursos teñan o sentido que poden ter. Supoño que ese encontro de autores organizado pola AELG para o último fin de semana de setembro pode ser unha boa oportunidade para chegar con algunha proposta concreta.

  • Estou a ver que isto merece unha recollida de datos rigorosa para tentar movimentar algunha proposta firme. Iso é un traballo que beneficiaría a autores e leitores.

  • r.r.

    Referido ós textos teatrais: na última convocatoria do Álvaro Cunqueiro nin sequera a publicación é garantida: “poderá”, din as bases. Máis adiante estaría ben falar tamén da distribución, por exemplo dos premiados co Dieste da Deputación: se queres un libro, vas á imprenta e o roubas. Hai algunha outra opción case igual de escura; un reto: a ver quen se atreve a conseguir “Unha Primavera para Aldara” fóra de Biblos Clube. Pero isto é aplicable á maioría dos textos publicados en galego, así que…

  • Consultada a AELG, a situación que percibín foi a seguinte: a) para ser socio é preciso ter como mínimo un libro individual publicado, un grupo relevante de obras dispersas en diversos medios ou creación habitual en espazos dixitais, por exemplo. A vara de medir admite varias posicións e grosores, como pode verse, mais exixe un mínimo demostrábel de traballo publicado para que o consello directivo acepte a proposta.
    Por outro lado, ábrese a posibilidade de, se o considerarmos oportuno, promover un escrito que recomende á organización do Premio unha revisión das bases no sentido de: a) Eliminar ambigüidades sobre a cualidade do premio (con ou sin publicación); b) esclarecer os termos sobre os dereitos que pretenden reservarse; c) etc. A confección dun rascuño podía dar lugar a unha carta que a AELG enviase como recomendación de melloras á organización do premio.
    Contade comigo para isto, desde logo.

  • quando a Sociedade Astronómica Estradense foi fundada e foi ao concelho a apresentar-se perante o concelheiro de cultura, solicitando informaçom sobre a ajuda que poderia receber por parte da concelharia, este respostou, mui rumboso, que para quatro estrelas que havia no céu nom era precisa umha associaçom [e por suposto, nengumha ajuda].
    portanto, é muito provável que o Avelina Valhadares seja um buraco negro, e mais provável ainda, que os seus promotores ignorem em que consiste isso.

  • Sobre o da AELG é certo que os criterios para ser socio son realmente abertos. non é unha asociación nada clasista nese sentido. o do libro editado é un criterio, pero se un ten unha actividade constante relacionada coa escrita malia que non teña libro editado individualmente… pois non creo que o deixen fóra, sinceramente.

  • o de arsenio é unha putada manifesta porque, en realidade, as bases tampouco obrigan exactamente á publicación (non a recollen como tal), co cal as posibilidades dunha reclamación “ao legal” son menos e o trato da publicación da obra é, en xeral -e así foi no meu caso- unha cousa de palabra… en canto a min tanto me tiña que publicasen nove (porque a verdade, pensaba publicalo en rede, pois eu si creo que as publicacións en rede e papel teñen a mesma validez e entidade, ou deben ir tendo xa) e cando lle expuxen ao editor o meu parecer, que debería publicar antes o de arsenio porque é unha cousa de xustiza, contestoume que iso eran decisións do concello, que , ao fin e ao cabo, é quen paga a edición… intúo -pero xa aclaro que non o sei- que a verdadeira razón pola que o libro de arsenio está sen publicar ten algo que ver co politiqueo e sobre todo co desinterese manifesto da clase política, así dito en xeral, pola cultura do país como manifestación.
    por certo que no concello podían portarse e quedar coma uns señores publicando o libro de arsenio, porque, sinceramente, sacar un libro non é facer unha superproducción de hollywood, é bastante económico. e seguro que sae máis barato que un xantar da terceira idade.
    iso si, colleita menos votos.
    muita sorte arsenio.

  • Ese outro caso do Johán Carballeira que citan no teu blogue xa o coñecera na altura por Paco Souto quen, se non lembro mal, se veu publicado maravillosamente no ano seguinte dun incumprimento de publicación. Como non lembro ben e non sei como quedou o asunto, nada dixen.
    Canto aos requisitos para entrar na AELG, creo que actualmente son máis abertos do que figura na web. Esta tarde consultareino.

  • Agradecido, Alfredo, por darlle un pulo ao tema. Un dos paradoxos da AELG é que non se pode ser socio sen ter publicado nada, polo que en principio casos como o de Arsenio, que son os que máis precisarían de apoio, fican fóra da súa acción. Supoño que isto é así só moi relativamente, eu recomendeille que consultase se podían axudalo dalgún xeito.

    Por certo, que seica non é o único caso, aver se polo menos os vamos coñecendo.