III Encontro de novos escritores AELG: o recital (5/5)

Este sábado acudimos ao Museo de Belas Artes da Coruña para presenciar o recital poético proposto no III Encontro de Novos Escritores organizado pola AELG. Despois de seguir co máximo interese os discursos e coloquios promovidos por uns intervinientes entregados a reflexións de fólego nas xornadas anteriores (e que referenciaremos aquí), o colofón do recital debeu sorprender a moitos. A mantedora foi Antía Otero e os artistas Estíbaliz Espinosa, María Lado + Lucía Aldao, García (Dios Ke Te Crew), Enma Couceiro, Celso Sanmartín e O Leo (por orde non de actuación senón de aparición no vídeo seguinte). Sen dúbida existía un interese por parte da organización en que puidésemos desfrutar da grande variedade de formatos existente para o poético na actualidade. O resultado foi un espectáculo fresco e penetrante, que fixo que sintamos orgullo de pertencer a un colectivo de creadores permeábeis socialmente e comprometidos coa mellora continua do seu talento.[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/6uckMbslq8M" width="320" height="240" wmode="transparent" /]

Share

6 comments to III Encontro de novos escritores AELG: o recital (5/5)

  • […] en xeral as acrobacias literario-musicais desta virtuosa performer dos nosos días, algunhas xa ofrecidas de primeira man n' O Levantador e outras como esta en que Lucía semella unha xamá orixá a intruducir o candomblé através da […]

  • Antía:
    Agradezo as túas palabras e celebro que gostases.

    mariademallou:
    O de precisar a ausencia de Antía era só por desculparme. Gustaba de que aparecese, mais o que finalmente trouxen para a casa gravado era algo que dificilmente se encardinaba nunha narrativa festivaleira cun mínimo de sentido. Probei varias “artistadas”, recoñézoo, mais os resultados eran demasiado incertos.
    Unha aperta ás dúas.

  • ah! así que es ese alfredo! vaia..hehe teño que me disculpar porque non asociei unha cousa con outra che! (é que che son un auténtico despiste eu)
    si, despois de escribir o post xa vin que antía non saia..mágoa
    agora si, coa cámara, a verdade, non me dou para verche, porque había tanta xente e a toda había tanto tempo que non a vía…

    unha aperta logo.

  • a montaxe é perfecta e danos boa idea do que foi, que é o importante. grazas por ter a cámara na man.
    un saúdo

  • María: Lamento dicir que a Antía Otero non sae, aínda que me pesa, no vídeo. Dediquei 60 minutos a todo o encontro, e cando cheguei ao recital só contaba con 14 para gravar. Así que, se non gostades do vídeo porque non saíu Antía coa súa elegancia de gacela ou o Celso máis rachado, tede en conta que o que hai son os 5 minutos mellores da pouca fita que restaba por usar. O resto tentarei publicalo pola semana adiante.
    Por certo, María, non lembras que te saudei en persoa na entrada do Museu e que pasei varias veces diante de vós coa cámara na man?
    Parabéns pola emotiva actuación.

  • vaia, pois eu quedei coas ganas de poñerlle cara ao levantador 😉