Os “xerocarcas” de Madrid ofendidos polos premios a galegos

El CulturalJuan Palomo: «También en los premios Nacionales de Literatura que otorga el Ministerio de Cultura parte el bacalao la cuota nacionalista. Asombroso, dada la distancia abismal entre el número de libros publicados al año en castellano y los editados en las otras lenguas de España. Viene esto a cuento de lo sucedido la semana pasada: un libro en gallego (O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz), se alzó con el premio Nacional de Literatura Infantil, y otro en gallego, sólo en gallego (De provincia a nación. Historia do Galeguismo político, de Justo Beramendi), con el Nacional de Ensayo. Me pregunto cuántos de los miembros o miembras del jurado lo habrán leído, aunque lo extraño es que esto no pase con más frecuencia. La clave, lo digo por experiencia, es la composición del jurado. Los catalanes votan siempre a los catalanes, los vascos a los vascos y los gallegos a los gallegos. De inicio, jamás a un autor en castellano. Y a medida que en cada ronda es eliminado un autor “autonómico”, los jurados votan al “periférico” que va quedando. Siempre, todos los años lo mismo. Y cuando los “periféricos” son mayoría, gana el que quieren. […]» (“Moda galega”, en El Cultural)

Semella que ao Xoán só lle prestan os seus guisos. Señores e señoras, a visibilidade que tanto ansiamos tamén aquí ten o seu prezo, como nos venenosos cantos dos desgrazadiños Galiciabilingües. Desde que apareces pasas a ocupar un lugar novo, ocupado por outro con anterioridade, e o tal “expropiado” reacciona reclamando “xustiza”. E todo porque algúns se cren con dereito a apropiarse dos espazos públicos, incapaces de observar unha mínima bondade na existencia do ben común. En que pensa esta xente cando utiliza a palabra democracia?

Share

4 comments to Os “xerocarcas” de Madrid ofendidos polos premios a galegos

  • A verdade é que teño máis referencias deste teor, mais non vontade de comentalas. De que nos serve constatar a reacción destas egoístas e opresoras xentes ante os esforzos que facemos por ofrecer un futuro á nosa cultura? Hai moitas persoas interesantes, xenerosas e receptivas á grande creatividade que neste pequeno país florece. Dediquemos a nosa atención ao rigor no traballo e a divulgar este nos foros nacionais e internacionais adecuados.

  • Que noxo! En fin, máis do mesmo. O certo é que o blog do tal Juan Palomo ten o nome apropiado: “La papelera” porque, cando menos o que acabo de ler, ben pode ir para o lixo.

  • Que noxo! En fin, máis do mesmo. O certo é que o blog do tal Juan Palomo ten o nome apropiado: “La papelera” porque, cando menos o que acabo de ler, ben pode ir para o lixo.