Alfredo Ferreiro, Editoriais, Poesia

“esca e pedra”, os materiais esenciais de Eduardo Estévez

Eduardo EstévezEduardo Estévez defende un novo primitivismo? Pretende emular os ancestros cavernícolas no ámbito dixital? Talvez lembrarnos que a poesía se elabora con materiais esenciais da experiencia vital, e que esta está vinculada, desde un plano de especial sensibilidade, cos traballos mundanos, coas necesidades básicas de aquecerse e alimentarse. Albergado no espazo virtual culturagalega.org, esca e pedra é un proxecto que presenta a elaboración dun poema cada semana a partir dun tema surxido aleatoriamente: «Cada semana accedo á galipedia, premo en “páxina aleatoria” e a partir do artigo que saia,  escribo un poema. Así trinta veces. Trinta semanas. Trinta poemas.»

Esta tarde, por outra parte, terei a honra de participar nunha sesión do obradoiro literario que o poeta dirixe en Fene.

Share
Standard

2 thoughts on ““esca e pedra”, os materiais esenciais de Eduardo Estévez

  1. Pingback: Parabéns a Susana Sánchez polo XXI Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé

  2. Pingback: Parabéns a Susana Sánchez polo XXI Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé

Comments are closed.