Alfredo Ferreiro, Música, Tati Mancebo

O disco do A Coruña Son preséntase no Culturgal

Este venres 5, no stand da Concellaría de Cultura da Coruña no Culturgal (Palexco, A Coruña), Tati Mancebo, como directora do obradoiro, acompañará na presentación (12:30) do agardado disco á concelleira María Xosé Bravo e á cantante María Xosé Silvar (Chámalle Xis). O disco será ofrecido de balde no stand da Concellaría desde mañá mesmo.

Na Radio Galega haberá a apartir de mañá audicións e entrevistas. Proximamente será anunciada a edición do obradoiro A Coruña Son de 2009, e poderán baixarse libremente as cancións do certame que aparecen no disco. Aquí podedes escoitar as cancións na versión inicial:

NAT: Nunca te quixen. Canción de autor.
PABLO DÍAZ: O moucho. Novo folk.
CHÁMALLE XIS: Canto aquí, canto onde me peta. Son galego.
IRIA PINHEIRO: Violoncello. Cabaret-art.
MR. CARÁCTER: Xabarín-manía. Rock galego.
CHUS: A lagoa dos soños. Pop psicodélico.
O SONORO MAXÍN: A rúa do perigo. Reggae atlántico.
TONHITO DE POI: Mariñeira. Rock galego.
D-LAXE: Túas mans. Trip-hop atlántico.
A MISTERIOSA: Santiago Auserón. (Versión galega de “La misteriosa”, con tradución de Tati Mancebo e Alfredo Ferreiro).

Merece moito a pena ler a valoración que do obradoiro fixo Santiago Auserón (director musical) cando tivo que anunciar o ditame.

A. F.

Share
Standard

4 thoughts on “O disco do A Coruña Son preséntase no Culturgal

  1. Pingback: Cultur.gal, un bo escaparate da actualidade musical do país « Caderno de Lingua

  2. Pingback: Cultur.gal, un bo escaparate da actualidade musical do país « Caderno de Lingua

  3. Pingback: chuza.org

  4. Pingback: chuza.org

Comments are closed.