Críticas e referências, Narrativa, Tati Mancebo

As cidades imaxinarias, de Xabier P. DoCampo

Nun momento en que, polas circunstancias do mundo que ocupamos, debemos aspirar a soños moi altos, aparece O libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. Docampo e Xosé Cobas.
Do mesmo modo que acertamos plenamente coas nosas previsións sobre O último que queda é o amor, augurámoslle a O libro das viaxes imaxinarias o destino que só pode ter un libro redondo, un libro que, como todos os grandes, crea un mundo e convida a habitalo.
Un dos seus maiores logros, e non será trasladábel a outras linguas mais ese é o noso privilexio, radica na mestría de DoCampo para levar o lector a unha regresión, a un estado de graza en que pode percibir como propio un mundo aparentemente tan alleo, inzado de mecanismos e seres marabillosos, a través da lingua: léxico, sintaxe, fraseoloxía, connotación… Todo soa tan absolutamente galego que podemos reconstruír ese mundo no noso pensamento coas nosas referencias máis profundas. As cidades imaxinarias está entre eses, entre eses grandes libros da nosa literatura, os que farán Historia, tendendo xentilmente a súa man ao acaso.
Longa vida ás Cidades imaxinarias.

T. M.

Nota: recomendamos a lectura da crítica O libro das viaxes imaxinarias: pide que o camiño sexa longo, de Martin Pawley, quen tamén o conseguiu gravar o escritor a ler a obra.

Share
Standard

7 thoughts on “As cidades imaxinarias, de Xabier P. DoCampo

  1. Pingback: Premios AELG 2009

  2. Pingback: Premios AELG 2009

  3. Pingback: «O libro das viaxes imaxinarias», crítica de Tati Mancebo « Xerais blog

  4. Pingback: «O libro das viaxes imaxinarias», crítica de Tati Mancebo « Xerais blog

Comments are closed.