Alfredo Ferreiro, Criação, Poesia, Tati Mancebo

Entre a música e os signos da noite, por Tati Mancebo e Alfredo Ferreiro

Entre a música e os signos da noite
un vaivén que presente a mirada
do xaguar de luz que o medo espanta
e un baobá que asombra as pegadas.
Nada teño, tan só uns recordos de escaso valor
pechados na man que gardo no bolso,
unha lágrima seca e un acendedor,
unha trampa para moscas e os restos dun motor
esquecidos no peito.
Danzar é pecado se non hai máis opcións,
eis o sensentido de amar pecando
a rima abandonada nunha canción.
As pedras que comigo van no zapato
e procuran acougo no meu camiñar
serán lastro útil cando comece a voar.
Despídeme de quen consideres
que debe marchar.

Tati Mancebo / Alfredo Ferreiro

Share
Standard

One thought on “Entre a música e os signos da noite, por Tati Mancebo e Alfredo Ferreiro

  1. Pingback: “Entre a música e os signos da noite”, por Tati Mancebo e Alfredo Ferreiro | Xalundes

Comments are closed.