Alfredo Ferreiro, Entrevistas, Narrativa, Tradição

Entrevista: Catherine François

Catherine François, por ela mesma

Catherine François, por ela mesma

Alfredo Ferreiro: Camiños baixo a auga é unha obra miscelánica en que observamos unha variedade de temas dispostos ao estilo das compilacións tradicionais das narrativas míticas. Como foi a factura dunha obra actual que destaca por un modo tan tradicional de contar historias?
Catherine François: Os antigos analistas chineses deixaron un testemuño incomparábel sobre a historia do seu país. Ao ler as fazañas e ensinamentos morais das súas personaxes, reparei en que moitos episodios podían dar lugar a historias interesantes. A selección final foi case involuntaria. Co tempo algúns episodios destacaban particularmente; os datos xeográficos, históricos, filosóficos, formaban un sedimento que serviu de base á narración. Tampouco me cuestionei darlle esta ou aquela forma. O que tiña claro é que non podía ser unha novela nen un ensaio. O primeiro tería suposto adoptar una visión demasiado persoal, o segundo prescindir da emoción que me empurrou a escribir.

A. F: As fazañas bélicas, as obras civís, as reflexións filosóficas, políticas e espirituais que narras á volta do Río Amarelo sen dúbida supuxeron un inxente traballo de documentación histórica…
C. F: Entre documentación e escritura, o traballo requiriu quince años. Parecía non ter fin, como tampouco o meu asombro ao ver até que punto todo estaba ligado. Por exemplo, os letrados chineses costumaban inscribir os seus poemas nun lenzo xa pintado. Os seus poemas tiñan como pano de fondo unha paisaxe cun valor moral, por ter sido a testemuña da xesta dunha personaxe histórica. Non se pode investigar nun só campo sen correr o risco de perder de vista a implicación que teñen na China antiga una imaxe, un verso e un nome propio.

Catherine François, por ela mesmaA. F: A partir de lendas dispersas ergues unha obra narrativa de primeira orde. Destaca, para nós, a pulcra elaboración dos diálogos, tanto na estética canto no fondo filosófico, verosímil até ao paroxismo. Eses diálogos, como os que vimos de traducir (“O príncipe canibal“, “A illa de Hainan“) foron adaptados ou creados por ti? En que percentaxe son inspiración túa, se nos atrevésemos a estimalo?
C. F: Quería situarme desde o inicio na liña deses antigos analistas que transmiten a historia sen pretender ser orixinais, o maior pecado para calquera letrado chinés da antigüidade. Os Anais están feitos de historias exemplares que pretenden ser vivos retratos da Tradición. O escritor non inventa, é a Tradición a que ergue o escritor. O seu único mérito é o xeito peculiar de contala. En Camiños baixo a auga todos os textos teñen unha base histórica, mais tiven de inventar en ocasións os diálogos por completo (como n’ O Taoísta [aglutina os capítulos “O eremita”, “O saber”, “A ebriedade” e “O vacío”]), facer reconstrucións para rechear ocos entre fragmentos dunha lenda. No caso d’ “A illa de Hainan”, dispomos dos versos de Sudong Po; o que fixen foi adaptalos e pólos en boca do protagonista, intercalando uns poucos contrapesos persoais.

A. F: Que foi o que máis te marcou neste labor narrativo?
C. F: Comprobar como o pensamento antigo chinés nos pode axudar a sobrevivir na actualidade, a atopar solucións para problemas en el ámbito político, social o interior del individuo. Baixo os ensinamentos dos vellos taoístas encóntranse sempre solucións prácticas: como permanecer íntegro en circunstancias adversas. Escribir este libro permitiume penetrar nun territorio alleo do que saín renovada.

Catherine François, por Santiago AuserónA. F: Que parte do proceso che supuxo máis esforzo?
C. F: O máis difícil foi atopar unha escritura que tivese a sinxeleza e o teor dos textos chineses que me inspiraron. Despois de beber nas súas fontes tiven que despoxarme da ansia de contalo todo.

A. F: Hai quen defende que poetas e narradores non partillan perspectivas estéticas, pois as orientacións compositivas son diversas. Que opinas desta cuestión?
C. F: Esas diferenzas son debidas aos xéneros herdados da cultura occidental a partir da xeneralización do uso da escritura. Poetas, narradores, historiadores e até gobernantes da antigüidade chinesa mollaban o seu pincel na mesma tinta. No que me toca, as súas ideas encontran a mellor expresión nun estilo intermedio entre o fluír da prosa e a condensación poética.

A. F: Muda a túa opinión se atendemos á literatura tradicional ou á actual?
C. F: Os narradores tradicionais costumaban tirar a súa inspiración da terra, da memoria común. Hoxe en día tenden a expresar un horizonte vital persoal, a procurar unha linguaxe propia. O que máis me atrae é unha vivencia intermedia na que o escritor deseña á vez a paisaxe e as forzas que o traballan interiormente. O antropólogo Lévi-Strauss nos seus Tristes Trópicos, ou o novelista Juan Rulfo saben borrar os límites entre ciencia e narración, entre narración e poesía.

Catherine François, por ela mesmaA. F: Voltarás á China noutra obra?
C. F:
Ao terminar Camiños baixo a auga reparei en que a viaxe non finalizara. Estou metida nun novo proxecto que me levará outra vez á China. Conta Charles Péguy que Courbet preguntou a un xoven pintor que o visitaba: “E agora que vas facer?” O outro respondeu: “Teño aforros e moito tempo. Marcho ao Oriente.” Courbet, pensativo, respondeulle: “Ah, vas ao Oriente, debe ser porque non tes aldea.” Eu considérome unha apátrida que encontrou nunha cultura lonxincua a mellor expresión de si propia.

A. F: En que xeografías, tempos e estilos estás a traballar actualmente?
C. F: Para alén da China antiga estou a traballar nun tema andalusí, no período das taifas, particularmente na historia de Almería. Esta vez o texto surxiu con forma dramática. Supoño que é unha evolución lóxica do meu interese polos diálogos.

Nota: as fotografías representan as maos da autora; salvo a terceira delas, realizada por Santiago Auserón, son da autoría de Catherine François.

Share
Standard

8 thoughts on “Entrevista: Catherine François

  1. Graças por esta bela e inspiradora entrevista. E muitas graças por me teres passado o livro no seu momento pois é uma verdadeira alfaia de inabitual mestria.

    Um forte abraço. E também para Tati, e Gabriel e Lara.

    Chiqui

  2. Graças por esta bela e inspiradora entrevista. E muitas graças por me teres passado o livro no seu momento pois é uma verdadeira alfaia de inabitual mestria.

    Um forte abraço. E também para Tati, e Gabriel e Lara.

    Chiqui

  3. Graças por esta bela e inspiradora entrevista. E muitas graças por me teres passado o livro no seu momento pois é uma verdadeira alfaia de inabitual mestria.

    Um forte abraço. E também para Tati, e Gabriel e Lara.

    Chiqui

  4. Hola. Me ha parecido estupenda la entrevista. Muy precisas y acertadas las preguntas, y muy edificantes e interesantísimas las respuestas, así da gusto.
    Ahora comprendo mejor lo que ha inspirado a la autora con este singular libro, que como ya he comentado con amigos cercanos, es para leer reposadamente, con calma, e imbuyéndose de esos sabores milenarios que recorren los “ríos” y personajes de los que habla y a los que pone voz. Es un libro de textos para dejarse llevar por las imágenes tan poderosas que evoca, del pasado y la cultura china…Me parece mágico.
    Gracias Catherine, y gracias Alfredo.

  5. Hola. Me ha parecido estupenda la entrevista. Muy precisas y acertadas las preguntas, y muy edificantes e interesantísimas las respuestas, así da gusto.
    Ahora comprendo mejor lo que ha inspirado a la autora con este singular libro, que como ya he comentado con amigos cercanos, es para leer reposadamente, con calma, e imbuyéndose de esos sabores milenarios que recorren los “ríos” y personajes de los que habla y a los que pone voz. Es un libro de textos para dejarse llevar por las imágenes tan poderosas que evoca, del pasado y la cultura china…Me parece mágico.
    Gracias Catherine, y gracias Alfredo.

  6. Hola. Me ha parecido estupenda la entrevista. Muy precisas y acertadas las preguntas, y muy edificantes e interesantísimas las respuestas, así da gusto.
    Ahora comprendo mejor lo que ha inspirado a la autora con este singular libro, que como ya he comentado con amigos cercanos, es para leer reposadamente, con calma, e imbuyéndose de esos sabores milenarios que recorren los “ríos” y personajes de los que habla y a los que pone voz. Es un libro de textos para dejarse llevar por las imágenes tan poderosas que evoca, del pasado y la cultura china…Me parece mágico.
    Gracias Catherine, y gracias Alfredo.

Comments are closed.