Alfredo Ferreiro, Poesia, Tati Mancebo, Vídeos

Día internacional da poesía na Coruña

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/F7OpKfms7cQ" width="320" height="240" wmode="transparent" /]

Máis información no blogue da Concellaría de Cultura.

Nota: por erro no momento da gravación non conservei imaxes da amiga Lucía Aldao, a quen pido disculpas por isto. Recomendo en xeral as acrobacias literario-musicais desta virtuosa performer dos nosos días, algunhas xa ofrecidas de primeira man n’ O Levantador e outras como esta en que Lucía semella unha xamá orixá a intruducir o candomblé através da Costa da Morte:


(Vía Casatlántica)

Share
Standard

9 thoughts on “Día internacional da poesía na Coruña

  1. Estou de acordo en que é imposíbel a institucionalización da poesía. De facto, non podo esquecer as palabras de Agostinho da Silva que nos referenciou José Antonio Lozano noutro post: “Mas o político precisa de aprender certas coisas: que a sua base de trabalho é a cultura e não ao contrário. É aprendendo cultura e inserindo-se na cultura que ele pode fazer uma política decente.”

  2. levita says:

    Claro que mirando a foto, posibelmente nada desto teña que ver cunha celebración tan inxel.
    É que me ven outra foto aos ollos cando se nomea o día da poesía, é un vai un pouco farto de tanta panoplia.

  3. levita says:

    Cando digo bo poeta, refirome a bo coma criterio estético, non ético. A categoría estética da autenticidade non se relaciona directamente coa sinceridade. Pódese ser evidentemente moi sincero e ser un mal poeta. A autenticidade refírese a unha coherencia do que se dí, con aquelo ao que se refire o que se di. É imposibel a instutucionalización da poieisis, e de tentar facelo o resultado é unha grande inautenticidade, un monumento a inautenticidade, un simbolo para unha celebración, mais carente de cualidades estéticas por mais que lle sobres outras, como as políticas. O uso politico dos poemas non estraga nin salva os poemas, é o político o que se pretende salvar cos poemas, mais se o poema é realmente bo, dificultará coa súa autonomía e a súa autenticidade as perfidas intencións políticas contextuais que pretenden lastrar o seu sentido.

  4. Creo que confunde a boa poesía coa actitude social que para vostede debe ter un poeta. Con certeza haberá bons poetas ocultos e maus poetas en constante exhibición, mais tamén o contrario.
    E tampouco debe confundir unha actitude persoal de permanente confronto social cunha posición individual ecuánime e xusta. O saco do egocentrismo está cheo de inconformistas que nada ven de bon no que os outros fan, e nada saben facer salvo tirar os defectos de proxectos alleos cos que son doentiamente incapaces de solidarizarse.

  5. levita says:

    Si, mais como a poesía pode ser un excelente lugar para agacharse na autenticidade, a moda, a imitación, a repetición, a ausencia de xenuinidade desvirtuana ate o remedo da enaxenación comercial. Coido que un bó poeta non se encontraría como poeta recitando seus poemas nun acto polo día da poesía. Un bo poeta chicotearía co seu verso aos tendeiros que inzan o templo, pero non ese día, todos os dias, ese día daríalle o silencio, un día, só tempo, sen palabra, tempo para que se retorzan no ser.

  6. levita says:

    Non, non, a poesía non é necesariamente cursi, o cursi é adicarlle un día. É unha opinión moi persoal, certo.

  7. levita says:

    Dame a impresión que o día da poesía, que cousa tan cursi!, o día da poesía!, esta ocultase,e desexa pasar desapercibida, por pudor.

Comments are closed.