Alfredo Ferreiro, História

Por favor, revisen a Historia!

Anselmo López Carreira: «[…] A Idade Media, desde que existe unha visión contemporánea, sempre se ten enfocado no marco da historia oficial de España. Desde esa perspectiva o noso reino medieval non aparece, porque o paradigma estabelecido e imposto refírese a Castela, León e Asturias. Óbviase o protagonista daquela época no occidente peninsular. Non descubrimos grandes cousas desde o punto de vista das fontes, que estaban aí, senón que as miramos máis obxectivamente.

Canto queda por estudar da historia da Idade Media galega? Podemos dicir que todo, porque en cada época os enfoques ou as preguntas que se fan son diferentes. Non quere dicir que vaia cambiar o que aconteceu no pasado, a historia non é opinábel. O que cambian son as nosas preguntas, os intereses son diferentes, por iso a historia, e tamén a medieval, non vai deixar de escribirse. Hai elementos suficientes (arqueolóxicos, documentais…) para procurar novos enfoques, e coñécense desde hai bastante tempo. Xa no século XIX Murguía, Vicetto ou López Ferreiro eran capaces de visionar a historia de Galicia desde o propio país. A innovación en canto a fontes non é grande desde aqueles. O volume documental ampliouse, pero o esencial xa se coñecía. Desde os anos setenta e oitenta editáronse moitos textos que non eran de fácil acceso.

[…] Nas facultades de Historia do país non seguen a perspectiva historiográfica da exposición. A que se debe? Moitos dos presupostos da historiografía tradicional como a reconquista ou a repoboación están xa postos en cuestión, pero non se asume unha perspectiva máis innovadora porque hai unhas inercias que a propia estrutura universitaria fomenta e mantén. En lugares onde existe unha tradición historiográfica dilatada, como Catalunya, é distinto, pero a historiografía galega foi sempre feble, de ton menor. Os equipos de investigación están tecidos por distintas facultades españolas que seguen unha liña moi tradicional.» (A Nosa Terra)

José Manuel Barbosa: «[…] Se você tiver que escolher alguns acontecimentos históricos especialmente esplendorosos -e também silenciados- do nosso povo, quais seriam? A importância do Gallaeciense Regnum surgido em 411 como primeiro reino da Europa livre do Império Romano. O primeiro Estado do continente; Salientaria também a identidade galega ou galaica, se quigermos, do Christianorum Regnum medieval que a historiografia castelhanista identifica com Astúrias, Leom ou às vezes Castela e o seu protagonismo no medievo peninsular; O interessantíssimo episódio da uniom com Portugal no século XIV da mão do Rei Fernando I de Portugal e V da Galiza; A ideia de que tanto o Estado Português como o espanhol teem raizes originárias galaicas; O protagonismo do Reino da Galiza durante a ocupaçom napoleónica da península. Fomos na realidade um Estado independente durante cinco anos, com governo, fazenda, com relacionamento com países do exterior como o Reino Unido e fomos o primeiro território nom só da península em vermo-nos livre dos invasores, mas o primeiro da Europa… e ainda há mais eventos mas por enquanto podemos ficar com esses.

Os e as historiadoras mais actuais dos nacionalismos reconhecem a importância que tenhem os mapas para a identidade nacional, já que funcionam como um “logo”. Vocês dérom-lhe muita importância a isto no livro. Como evolucionou a “territorialidade” galega? A evoluçom da territorialidade galega foi a dum país que nasceu com a vocaçom de Império e que foi declinando polos seus próprios conflitos internos. A ideia da península unificada foi antes do que qualquer outra, umha ideia galega. Essa ideia foi aproveitada por Castela que de começo fazia parte do mesmo reino, estava incluída no Gallaeciense Regnum medieval e finalmente foi ela quem unificou a maior parte da mesma sob o nome de Espanha. O apagamento do nome da Galiza da história oficial espanhola explica-se por sermos o elemento político a vencer. Assim, hoje o velho reino de Toledo é denominado de “Castela” a Mancha ou antes “Castela” a nova. Laim Entralgo no seu livro “A que llamamos España” diz que Andaluzia é “Castela” a novíssima… Que diriamos se em vez disso chamassemos à Estremadura “Galiza a Nova”… […]

Umha das épocas nas que mais manipuladora foi a historiografia espanhola é, sem dúvida, na medieval. Que papel tinha a Galiza entom? Simplesmente a hegemonia da península e isso é tremendamente perigoso para umha historiografia castelhanista que quer assentar um protagonismo inexistente de Castela quando tenciona ocupar toda a Hespéria sob um mesmo projecto político e linguístico.
Imaginemos umha história contada segundo os nossos parámetros. Que podemos pensar que aconteceria na península? Como seriam as tentativas de relacionamento entre as distintas nações e regiões que conformam os dous Estados português e espanhol? Como seria o protagonismo da Galiza dentro desse paradigma? […]» (galizalivre.org)

Share
Standard