Poesia

Xavier Queipo versificou en galego a Constitución Europea

O pasado 27 de Marzo presentouse en Bruxelas, no Teatro Flagey a Constitución Europea en verso, traballo de 52 poetas europeos e 70 tradutores, que a partir de máis de 20 linguas contribuíron ás versións definitivas en inglés, francés e neerlandés, linguas de uso común na capital de Europa. Entre os poetas estaba Xavier Queipo, que leu en galego a súa contribución ao texto. Por toda a cidade, como incitación á lectura e como parte do festival literario Passaporta, había enormes paneis que reproducían mensaxes dos escritores, entre eles estes dous de Xavier Queipo, en francés, que estiveron a aínda están expostos polas rúas de Bruxelas. Un escritor galego do mundo, compartindo cancha con Carlos Fuentes e Antonio Gamoneda, con Zoé Valdés e Olivier Roland, con Vila-Matas e Jean Darras. Para que logo digan que o galego non está no mundo.

(Mont des Arts, Bruxelas)

(Con Antonio Gamoneda no Teatro Flagey, Bruxelas)

(La Monaie, Bruxelas)

Nota: os contidos deste post chegaron a nós grazas á cumplicidade do amigo Xavier Alcalá; as fotos son de Adolfo Tomé.

.

Share
Standard

30 thoughts on “Xavier Queipo versificou en galego a Constitución Europea

  1. levita says:

    Encontro interesantes os poemas, a gravidade levitante nos eus e unha extraordinaria axilidade nas frases- poema de Tati Mancebo.. Supoño que o libro será agora inconseguibel. Seguirei lendo na web.

  2. levita says:

  3. Con normalidade refírome a non traballar desde un gueto. Verá: en 1995 publicamos sete novos poetas da Coruña un libriño en galego-portugués, con grafía próxima ao padrón lisboeta. Para alén da normativa, a poesía, que era realmente o que debería primar, era como mínimo sorprendente desde o punto de vista dos estilos, variados como en poucos libros galegos e distintos dos cohetáneos como probabelmente non se dera antes en tal número de novos nomes. A calidade, como é de esperar, diversa, comezando polas miñas propias irregularidades, debo recoñecer.
    Pois ben, editamos 200 exemplares e enviámolos directamente a enderezos persoais. Cal cre que foi o resultado? Dígollo: entre recensións e agradecementos polo envío a domicilio contamos apenas os dedos dunha man.
    Si, a min serviume para entrar na AELG, que non discutía cuestións filolóxicas e aceptaba como galego calquera versión. Mais para a crítica aquilo nunca foi poesía galega. Perdemos os louros, pode vostede dicir. Eu creo que a poesía galega perdeu o recoñecemento dunha abertura estilística como poucas veces se deu. Vexa “7 Poetas” na sopirrait.
    Se cadra digo isto porque son pouco modesto. Ou porque son orgulloso de máis. Pois que sexa.

  4. Con normalidade refírome a non traballar desde un gueto. Verá: en 1995 publicamos sete novos poetas da Coruña un libriño en galego-portugués, con grafía próxima ao padrón lisboeta. Para alén da normativa, a poesía, que era realmente o que debería primar, era como mínimo sorprendente desde o punto de vista dos estilos, variados como en poucos libros galegos e distintos dos cohetáneos como probabelmente non se dera antes en tal número de novos nomes. A calidade, como é de esperar, diversa, comezando polas miñas propias irregularidades, debo recoñecer.
    Pois ben, editamos 200 exemplares e enviámolos directamente a enderezos persoais. Cal cre que foi o resultado? Dígollo: entre recensións e agradecementos polo envío a domicilio contamos apenas os dedos dunha man.
    Si, a min serviume para entrar na AELG, que non discutía cuestións filolóxicas e aceptaba como galego calquera versión. Mais para a crítica aquilo nunca foi poesía galega. Perdemos os louros, pode vostede dicir. Eu creo que a poesía galega perdeu o recoñecemento dunha abertura estilística como poucas veces se deu. Vexa “7 Poetas” na sopirrait.
    Se cadra digo isto porque son pouco modesto. Ou porque son orgulloso de máis. Pois que sexa.

  5. Con normalidade refírome a non traballar desde un gueto. Verá: en 1995 publicamos sete novos poetas da Coruña un libriño en galego-portugués, con grafía próxima ao padrón lisboeta. Para alén da normativa, a poesía, que era realmente o que debería primar, era como mínimo sorprendente desde o punto de vista dos estilos, variados como en poucos libros galegos e distintos dos cohetáneos como probabelmente non se dera antes en tal número de novos nomes. A calidade, como é de esperar, diversa, comezando polas miñas propias irregularidades, debo recoñecer.
    Pois ben, editamos 200 exemplares e enviámolos directamente a enderezos persoais. Cal cre que foi o resultado? Dígollo: entre recensións e agradecementos polo envío a domicilio contamos apenas os dedos dunha man.
    Si, a min serviume para entrar na AELG, que non discutía cuestións filolóxicas e aceptaba como galego calquera versión. Mais para a crítica aquilo nunca foi poesía galega. Perdemos os louros, pode vostede dicir. Eu creo que a poesía galega perdeu o recoñecemento dunha abertura estilística como poucas veces se deu. Vexa “7 Poetas” na sopirrait.
    Se cadra digo isto porque son pouco modesto. Ou porque son orgulloso de máis. Pois que sexa.

  6. levita says:

    Dende logo que lle serviu de moito. O que non sei é como entender a normalidade comunicativa a que se refire, que resultará satisfactoria, dependendo do grao de ambición.
    A presencia da literatura galega no mundo, é un testimonio aniquilador, ehí a islación.

  7. levita says:

  8. Pódolle asegurar que escribir en portugués na Galiza non supón ningunha vantaxe á hora da comunicación literaria, por razóns evidentes que vostede coñecerá relativas ás hipóteses de publicación e de procura de lectores. A min escribir o galego na norma internacional serviume para moito, desde logo: 1) aprender galego; 2) recoñecer a tradición literaria en portugués como propia; 3) autoeditarme; 4) ser aceptado na AELG como escritor en galego; 5) non deixar de publicar algunha coisiña en Portugal desde hai xa 10 anos.
    Ora, publicar na norma institucional permite traballar man con man cos coetáneos, permitindo as formas poéticas podan fluír e encontrarse nun ambiente de certa normalidade comunicativa.
    Creo, finalmente, que o isolacionismo literario se atopa en primeiro lugar nas mentes máis limitadas, máis parcelarias, e niso non inflúe de modo definitivo a lingua en que se escriba, senón que se alicerza na profundidade e na limpeza do pensamento poético.

  9. Pódolle asegurar que escribir en portugués na Galiza non supón ningunha vantaxe á hora da comunicación literaria, por razóns evidentes que vostede coñecerá relativas ás hipóteses de publicación e de procura de lectores. A min escribir o galego na norma internacional serviume para moito, desde logo: 1) aprender galego; 2) recoñecer a tradición literaria en portugués como propia; 3) autoeditarme; 4) ser aceptado na AELG como escritor en galego; 5) non deixar de publicar algunha coisiña en Portugal desde hai xa 10 anos.
    Ora, publicar na norma institucional permite traballar man con man cos coetáneos, permitindo as formas poéticas podan fluír e encontrarse nun ambiente de certa normalidade comunicativa.
    Creo, finalmente, que o isolacionismo literario se atopa en primeiro lugar nas mentes máis limitadas, máis parcelarias, e niso non inflúe de modo definitivo a lingua en que se escriba, senón que se alicerza na profundidade e na limpeza do pensamento poético.

  10. Pódolle asegurar que escribir en portugués na Galiza non supón ningunha vantaxe á hora da comunicación literaria, por razóns evidentes que vostede coñecerá relativas ás hipóteses de publicación e de procura de lectores. A min escribir o galego na norma internacional serviume para moito, desde logo: 1) aprender galego; 2) recoñecer a tradición literaria en portugués como propia; 3) autoeditarme; 4) ser aceptado na AELG como escritor en galego; 5) non deixar de publicar algunha coisiña en Portugal desde hai xa 10 anos.
    Ora, publicar na norma institucional permite traballar man con man cos coetáneos, permitindo as formas poéticas podan fluír e encontrarse nun ambiente de certa normalidade comunicativa.
    Creo, finalmente, que o isolacionismo literario se atopa en primeiro lugar nas mentes máis limitadas, máis parcelarias, e niso non inflúe de modo definitivo a lingua en que se escriba, senón que se alicerza na profundidade e na limpeza do pensamento poético.

  11. Levita says:

    Non é cuestión de ser marxinal, senón de explorar na marxinalidade. A súa historía ortográfica foi compartida por mais autores, é comprensibel. Mais no troco a pesar do salto que nun principio parécese dar cara unha maior comunicación, non sei se ao fin, é un encerramento mais cómodo nun isolacionsismo literario maior. Unha cousa é a comunicación entre os autores, e outra a comunicación literaria, moito mais diferida e pendente da conformación de horizontes de lectura no presente posibelmente inexistentes.
    Ao fin o importante non é tanto a ortografía, como o que vai coa ortografía.

  12. Levita says:

  13. Estou de acordo en que o esencial é o compromiso individual co proceso creativo, mais nunha altura precisei ampliar o meu abano comunicativo, cousa que non podía facer desde unha posición de gheto autoalimentada, e advirto que esta perspectiva só debe aplicarse a min, é dicir, ás miñas necesidades de sociabilidade. Por iso, despois de estar desvencellado do Sistema (da súa marxe absoluta) durante anos de inmersión en Matrix (abandono da escrita e traballo canónico na siderurxia) as miñas necesidades de contacto coa cultura tornáronse algo irrenunciábel; e a hipótese de limitar a miña capacidade de comunicación poética por cuestións gráficas, un sensentido.
    A marxinalidade non é garantía de valor estético nin ético, como a centralidade tamén non pode selo. Mais o contacto do artista co resto dos axentes culturais favorece a colaboración e a interacción, e iso é algo que debe valorar cada individuo. Algúns pasaron a vida na marxinalidade absoluta mesmo coa etiqueta de malditos, modo en que conseguiron rendibilizar a súa incompetencia á hora de crear proxectos que inclúan o traballo dos máis. Algúns só saben queixarse do mal que está todo mentres agardan pacientemente que os veñan chamar para eventos ben pagos, en que a súa rareza ou “rebeldía” lles reporte beneficios.

  14. Estou de acordo en que o esencial é o compromiso individual co proceso creativo, mais nunha altura precisei ampliar o meu abano comunicativo, cousa que non podía facer desde unha posición de gheto autoalimentada, e advirto que esta perspectiva só debe aplicarse a min, é dicir, ás miñas necesidades de sociabilidade. Por iso, despois de estar desvencellado do Sistema (da súa marxe absoluta) durante anos de inmersión en Matrix (abandono da escrita e traballo canónico na siderurxia) as miñas necesidades de contacto coa cultura tornáronse algo irrenunciábel; e a hipótese de limitar a miña capacidade de comunicación poética por cuestións gráficas, un sensentido.
    A marxinalidade non é garantía de valor estético nin ético, como a centralidade tamén non pode selo. Mais o contacto do artista co resto dos axentes culturais favorece a colaboración e a interacción, e iso é algo que debe valorar cada individuo. Algúns pasaron a vida na marxinalidade absoluta mesmo coa etiqueta de malditos, modo en que conseguiron rendibilizar a súa incompetencia á hora de crear proxectos que inclúan o traballo dos máis. Algúns só saben queixarse do mal que está todo mentres agardan pacientemente que os veñan chamar para eventos ben pagos, en que a súa rareza ou “rebeldía” lles reporte beneficios.

  15. levita says:

    Pois non era unha mala posición, unha marxinalidade cun fondo contido ético e estético orientada a universalidade. Coido que sería unha mágoa que a abandoase, e estou convencido de que dalgún xeito, condonada como unha celula enerxética interna pervive e ainda lle da forzas. No centro a verdade, e vostede debe xa sabelo, non hai moito mais, o xogo-sistema-cultural ven dado de antes, as cartas están marcadas e a pouco mais se pode aspirar que a ser admitido no ermo sistémico onde os guiños son de cegos e non hai vida intelectual.

  16. levita says:

  17. Das marxes eu seille moito, Levita. Nos noventa eu estaba absolutamente convencido de que o compromiso poético real debía levar a: a) escribir desde unha posición eminentemente artística e non política, polo que criticaba antes que a ninguén aqueles que actuaban de salvapatrias antes que de artistas; b) escribir sempre a lingua galega dun modo digno, é dicir, recuperando a súa auténtica tradición gráfica multisecular; c) asumir como propia a tradición literaria portuguesa, por estar escrita na miña lingua e ser máis conveniente que a española e mesmo que moita da galega a quen desexa crear unha lingua literaria galega propia.
    Todo isto levoume, como pode imaxinar, a permanecer na marxe do sistema dun modo moi estábel. E moitas cousas positivas, a maioría considero eu, naceron daquel tempo e daquela actitude, entre elas a maravillosa compañía de auténticos talentos que hoxe teño por amigos. Moito de valor estimo ficou comigo da sabedoría destes escritores amigos, a quen tanto debo no afectivo e no intelectual, nos nosos encontros coruñentos.
    Se eu lle contase o que fomos capaces de facer nos anos noventa talvez ficaría asombrado… Ou nen tanto, porque vostede parece un home de mundo.

  18. Das marxes eu seille moito, Levita. Nos noventa eu estaba absolutamente convencido de que o compromiso poético real debía levar a: a) escribir desde unha posición eminentemente artística e non política, polo que criticaba antes que a ninguén aqueles que actuaban de salvapatrias antes que de artistas; b) escribir sempre a lingua galega dun modo digno, é dicir, recuperando a súa auténtica tradición gráfica multisecular; c) asumir como propia a tradición literaria portuguesa, por estar escrita na miña lingua e ser máis conveniente que a española e mesmo que moita da galega a quen desexa crear unha lingua literaria galega propia.
    Todo isto levoume, como pode imaxinar, a permanecer na marxe do sistema dun modo moi estábel. E moitas cousas positivas, a maioría considero eu, naceron daquel tempo e daquela actitude, entre elas a maravillosa compañía de auténticos talentos que hoxe teño por amigos. Moito de valor estimo ficou comigo da sabedoría destes escritores amigos, a quen tanto debo no afectivo e no intelectual, nos nosos encontros coruñentos.
    Se eu lle contase o que fomos capaces de facer nos anos noventa talvez ficaría asombrado… Ou nen tanto, porque vostede parece un home de mundo.

  19. Das marxes eu seille moito, Levita. Nos noventa eu estaba absolutamente convencido de que o compromiso poético real debía levar a: a) escribir desde unha posición eminentemente artística e non política, polo que criticaba antes que a ninguén aqueles que actuaban de salvapatrias antes que de artistas; b) escribir sempre a lingua galega dun modo digno, é dicir, recuperando a súa auténtica tradición gráfica multisecular; c) asumir como propia a tradición literaria portuguesa, por estar escrita na miña lingua e ser máis conveniente que a española e mesmo que moita da galega a quen desexa crear unha lingua literaria galega propia.
    Todo isto levoume, como podo imaxinar, a permanecer na marxe do sistema dun modo moi estábel. E moitas cousas positivas, a maioría considero eu, naceron daquel tempo e daquela actitude, entre elas a maravillosa compañía de auténticos talentos que hoxe teño por amigos. Moito de valor estimo ficou comigo da sabedoría destes intelectuais coetáneos, a quen tanto debo no afectivo e no intelectual, nos nosos encontros coruñentos.
    Se eu lle contase o que fomos capaces de facer nos anos noventa talvez ficaría asombrado…

  20. Das marxes eu seille moito, Levita. Nos noventa eu estaba absolutamente convencido de que o compromiso poético real debía levar a: a) escribir desde unha posición eminentemente artística e non política, polo que criticaba antes que a ninguén aqueles que actuaban de salvapatrias antes que de artistas; b) escribir sempre a lingua galega dun modo digno, é dicir, recuperando a súa auténtica tradición gráfica multisecular; c) asumir como propia a tradición literaria portuguesa, por estar escrita na miña lingua e ser máis conveniente que a española e mesmo que moita da galega a quen desexa crear unha lingua literaria galega propia.
    Todo isto levoume, como podo imaxinar, a permanecer na marxe do sistema dun modo moi estábel. E moitas cousas positivas, a maioría considero eu, naceron daquel tempo e daquela actitude, entre elas a maravillosa compañía de auténticos talentos que hoxe teño por amigos. Moito de valor estimo ficou comigo da sabedoría destes intelectuais coetáneos, a quen tanto debo no afectivo e no intelectual, nos nosos encontros coruñentos.
    Se eu lle contase o que fomos capaces de facer nos anos noventa talvez ficaría asombrado…

  21. levita says:

    Home pois eu este ano ainda estiven nun recital de lumpenpoesía no centro Zapata de Berlín, se ben é certo que ao día seguinte fun a outro, nun centro cultural privado nas ruas de galerías de Mitte. Non lle fago ascos ao contexto se hai algo que pague a pena ou se a curiosidade tira. Lembro dun camioneiro poeta, un estudante de filoloxía na Autónoma que tivo que deixar a carreira e porse a traballar e levaba na cabina case toda a obra deo seu favorito Eliot. Lembro tamén a un lampista que comezaba daquelas a publicar nar revistas de poesía española, e enriqueceronme moito, o seu discurso, a súa imaxe, a súas poesías.
    Non sei en que ambientes andará vostede, eu dende logo seille, que entre a pompa, a circunstancia, o boato, a autocomplacencia e a pelotería, os ollos da arte péchanse e so luce a egolatría que se soluciona a golpes de poder, de sistema, de favoritismo e de compadreo interesado.
    Nas marxes, Ferreiro, nas marxes, está o que aínda está por dicir, e hai moito, e agarda… como para perder o tempo en remedos artísticos e ofrecerlle cultos a becerros narcisistas.

  22. levita says:

  23. Levita:
    É evidente que un evento así no se erixe en acción redentora da poesía pura, e que representa unha festa de etiqueta a instancias institucionais. Mais o que alí se puidese escoitar que fose bon, pois bons escritores había, non vai deixar de selo porque os cartos do governo europeu o teña chamado.
    Ora, vostede parece só gustar dos recitais de lumpenpoesía, na periferia da periferia. Aínda se fan eses recitais? Desde que abandonei eses ambientes nos 90 non voltei a participar en ningún.

  24. Levita:

  25. levita says:

    Pantomíma na que unha vez mais unha determinada política duns grupos sociais concretos tiran de artistas sistémicos para aumentar a súa lexitimación ante unha recepción estandarizada e global.
    Mais neste caso non solicitan as súas cualidades artísticas, senón a súa imaxe e un pouco de habilidade declamatoria. Todos contentos e felices, uns a carón doutros amparados pola promesa do poder.
    E sen mala fe, é que o vexo así.

Comments are closed.