Alfredo Ferreiro, Poesia, Sistema literário

Xente contra a imposición, salvo da mentira!

Agustín Fernández Mallo: «[…] Escribo en castellano porque es mi lengua materna; apenas sé gallego; aunque lo entiendo, no lo hablo bien. El ecosistema literario gallego es cerrado, sí, como todos los ecosistemas de las lenguas cuyo número de hablantes es pequeño, es una consecuencia lógica. Sobre la imposición de lenguas, sólo puedo decir que mi sentido común (y la historia) dicen que ninguna lengua impuesta ha terminado por cuajar. Todo tendría que ser más natural. Pero esa obviedad no a todo el mundo le entra en la cabeza. Que estemos aún con este tipo de debates, que se dan en todas las regiones españolas con dos lenguas, no sólo en Galicia, denota un atraso importante.»

Vaia, as opinións deste escritor ían bastante ben até que falou da imposición das linguas. Como se o galego non se falase na Lusitania por imposición histórica, así como o catalán no Levante, o castelán no sul da península e a América, o portugués no Brasil, o inglés e o francés na América, o latín na Europa… e así sempre na Historia, como todos os que falan do que saben recoñecen. Ai, que mundos estes, en que predicar de filoloxía é cousa a que calquera pode atreverse, como de futebol no barbeiro. E o rapaz foi finalista cun ensaio en que defende a poesía operar desde parámetros socio-semióticos desfasados! A ver vamos se ten razón ou é que non chegou a saber o que era a poesía antes de escribila. Eu teño para ler desde hai meses o seu Nocilla Dream, cousa que farei en canto poida, mais non tiven présa e creo que é por certo intuito nefasto…

Share
Standard

19 thoughts on “Xente contra a imposición, salvo da mentira!

  1. Tono says:

    A min non me sorprenden as declaracións de Mallo, que case sempre toca de oído. O problema non é del, senón de quen lle segue a corrente e o presenta coma o non vai máis da innovación cando se adica a repetir (probablemente sen el sabelo) fórmulas que levan anos nos andeis das bibliotecas. Non hai nada na Nocilla (eu linlle o primeiro) que non estivese xa no Tic-Tac de SdeT. Rectifico, falta sorna e sobran ínfulas.

    En calquera caso, as súas palabras son significativas porque demostran que a retórica falsaria da imposición callou, é dicir, que xente como Mallo e outros que pasan por aí dan por bo que en Galicia houbo (hai?) unha imposición do galego. Como ben escribía Pereiro, a batalla perdeuse cando á “imposición” lle quitaron as aspas.

    E unha frase como “la historia (…) dice que ninguna lengua impuesta ha terminado por cuajar” evidentemente demostra que este rapaz simplemente di o que se lle pasa pola cachola sen pararse a pensar. Porque un minuto de reflexión e un cento de exemplos demostran o contrario.

  2. Tono says:

  3. Tono says:

  4. O sistema literario galego será cerrado, pero moito máis algunhas mentes. Pensei que Mallo era diferente. Lin as dúas primeiras Nocillas, e o certo é que (sobre todo a segunda) me pareceron moi boas.
    Lástima que non me gusten tanto as súas declaracións, que polo demais soan a rancio. Un saúdo.

  5. O sistema literario galego será cerrado, pero moito máis algunhas mentes. Pensei que Mallo era diferente. Lin as dúas primeiras Nocillas, e o certo é que (sobre todo a segunda) me pareceron moi boas.
    Lástima que non me gusten tanto as súas declaracións, que polo demais soan a rancio. Un saúdo.

  6. O sistema literario galego será cerrado, pero moito máis algunhas mentes. Pensei que Mallo era diferente. Lin as dúas primeiras Nocillas, e o certo é que (sobre todo a segunda) me pareceron moi boas.
    Lástima que non me gusten tanto as súas declaracións, que polo demais soan a rancio. Un saúdo.

  7. Ernesto says:

    Podemos imaginar que tipo de físico é. Dos que se espantam da imaginação que faz progredir às ciências entendidas como artes e experiências filhas das capacidades de observação humanas. Com esses pensamentos…

  8. Ernesto says:

  9. Ernesto says:

  10. Pois eu non podo imaxinar un sistema literario máis aberto que o galego, onde unha parca tradición literaria e un número reducido de autores teñen todo por demostrar, e pouco lastro do que liberarse.
    E o autor coruñés non sabe que se fala castelán na Coruña é por obra e graza da imposición? De escritores deste calibre, é dicir, deste calado cultural e desta sensibilidade, que podemos esperar?

  11. Pois eu non podo imaxinar un sistema literario máis aberto que o galego, onde unha parca tradición literaria e un número reducido de autores teñen todo por demostrar, e pouco lastro do que liberarse.
    E o autor coruñés non sabe que se fala castelán na Coruña é por obra e graza da imposición? De escritores deste calibre, é dicir, deste calado cultural e desta sensibilidade, que podemos esperar?

  12. Pois eu non podo imaxinar un sistema literario máis aberto que o galego, onde unha parca tradición literaria e un número reducido de autores teñen todo por demostrar, e pouco lastro do que liberarse.
    E o autor coruñés non sabe que se fala castelán na Coruña é por obra e graza da imposición? De escritores deste calibre, é dicir, deste calado cultural e desta sensibilidade, que podemos esperar?

  13. “El ecosistema literario gallego es cerrado, sí, como todos los ecosistemas de las lenguas cuyo número de hablantes es pequeño”. Alguén ten idea do que significa neste contexto “aberto” ou “pechado”? É o ecosistema chinés máis aberto que o francés e o portugués, e o tai máis que o italiano?

  14. “El ecosistema literario gallego es cerrado, sí, como todos los ecosistemas de las lenguas cuyo número de hablantes es pequeño”. Alguén ten idea do que significa neste contexto “aberto” ou “pechado”? É o ecosistema chinés máis aberto que o francés e o portugués, e o tai máis que o italiano?

Comments are closed.