Alfredo Ferreiro, Poesia, Vídeos

Metal central, de Alfredo Ferreiro

Metal central, de Alfredo Ferreiro«Con materias e substancias da condición mineral da existencia e coa mecánica fabril da poesía das profundidades construíu o poeta Alfredo Ferreiro, Alfredo —ferreiro—, un libro de rexistro singular, non asimilábel á norma de ningunha das poéticas vixentes no actual panorama da poesía galega. Metal central contén a experiencia do autor en oficio de condición transitoria —o de obreiro dunha factoría siderúrxica— que, malia o seu efémero carácter, deixou no corpo unha impronta decisiva, de valor iniciático (“aquí gravei no brazo unha espiga / símbolo do clan”), e na memoria varios estratos de fundamental experiencia. A espiga foi cicatriz da ferida azarosa e traidora, amósega durísima do ferro ardente. A lembranza, un pouso magnífico de significación vital resolta en escrita poética de moitos graos de intensidade. Poesía da experiencia trascendida que supera toda incitación de discursividade narrativa e de referente anecdótico e opta polo discurso da indagación simbólica e da ollada de focalización expresionista. […]» (Xosé Mª Álvarez Cáccamo, no prólogo “Poesía do sector da densidade”)

Teño que agradecer a Maribel Úbeda, artista polifacética chegada das inspiradoras terras do antigo reino de Almutasín, o fermoso vídeo elaborado para a ocasión:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/1blEb4aEhiU" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Share
Standard

43 thoughts on “Metal central, de Alfredo Ferreiro

  1. Pingback: ferradura en tránsito » adianto da crítica de Metal central

  2. Pingback: ferradura en tránsito » adianto da crítica de Metal central

  3. Pingback: Maribel Úbeda en PHOTOESPAÑA

  4. Pingback: Maribel Úbeda en PHOTOESPAÑA

  5. Dedoscomovermes: iso foi o que me comunicaron dous amigos da organización do Pérez Parallé na presentación de Dores Tembrás, iso foi, e aí souben quen non podía asistir. Lamento moito non poder asistir. A ver se nos vemos noutra ocasión.
    Javier, asvangardas e François: grazas amigos, sodes moi amábeis. Hoxe souben que xa podemos confirmar o día 29 na Sargadelos da Coruña para a presentación. E contaremos coa presenza do Pepe Cáccamo, un artista do discurso crítico.

  6. Dedoscomovermes: iso foi o que me comunicaron dous amigos da organización do Pérez Parallé na presentación de Dores Tembrás, iso foi, e aí souben quen non podía asistir. Lamento moito non poder asistir. A ver se nos vemos noutra ocasión.
    Javier, asvangardas e François: grazas amigos, sodes moi amábeis. Hoxe souben que xa podemos confirmar o día 29 na Sargadelos da Coruña para a presentación. E contaremos coa presenza do Pepe Cáccamo, un artista do discurso crítico.

  7. françois davo says:

    Noraboa, amigo Alfredo. Sempre fun un defensor dese libro teu, desde a primeira copia que tiven o gosto de descubrir. E gostarei de telo nas mans xa editado nunha colección tan familiar para min.

  8. françois davo says:

    Noraboa, amigo Alfredo. Sempre fun un defensor dese libro teu, desde a primeira copia que tiven o gosto de descubrir. E gostarei de telo nas mans xa editado nunha colección tan familiar para min.

  9. Fabulosa a presentación e o libro ten unha marabillosa pinta. Síntome orgullosa e feliz por ti. Se é posible alí estaremos para a presentación. Bicos.
    Pilar e Roxe

  10. Fabulosa a presentación e o libro ten unha marabillosa pinta. Síntome orgullosa e feliz por ti. Se é posible alí estaremos para a presentación. Bicos.
    Pilar e Roxe

  11. O fillo, a árbore, o libro… e agora que? Pois máis fillos (que xa hai), máis árbores (que xa houbo, e a medias) e máis libros, máis, e sen tanto tempo entre eles… o dito, que ben!

  12. O fillo, a árbore, o libro… e agora que? Pois máis fillos (que xa hai), máis árbores (que xa houbo, e a medias) e máis libros, máis, e sen tanto tempo entre eles… o dito, que ben!

  13. Fico agradecido polas vosas cordiais palabras.
    Da presentación do de Dores, a quen coñezo há anos, se cadra tantos como ela ten, tomei unhas imaxes que en breve mostrarei neste blogue.
    Dedoscomovermes: o teu libro premiado creo que vén de ser apresentado en Fene, non? Non puiden asistir, cousa que lamento.

  14. Fico agradecido polas vosas cordiais palabras.
    Da presentación do de Dores, a quen coñezo há anos, se cadra tantos como ela ten, tomei unhas imaxes que en breve mostrarei neste blogue.
    Dedoscomovermes: o teu libro premiado creo que vén de ser apresentado en Fene, non? Non puiden asistir, cousa que lamento.

  15. Casteleiro says:

    Parabéns e graças, por uma meditação tão matemática, por esta música engendrada no coração do Hades -no coração descoroçoado das nossas cidades.

    Abraços de um ex-companheiro da siderometalurgia.

  16. Casteleiro says:

    Parabéns e graças, por uma meditação tão matemática, por esta música engendrada no coração do Hades -no coração descoroçoado das nossas cidades.

    Abraços de um ex-companheiro da siderometalurgia.

  17. Fantastisch! Enorm! Gigantisch!
    (Lyric & Video)
    Mándame o seu móvil ou algo, quero contactar con ela.
    Para ti, bicos@frores, entre dúas viaxes (a Bavaria etc.)
    Heidi
    ps mercarei o libro, cando se presenta?
    Dos meus dous aínda non teño data, nin de FALOU UN QUEIXO de Galaxia, nin de TRES MULLERES DO SEU TEMPO, de Baía.

  18. Fantastisch! Enorm! Gigantisch!
    (Lyric & Video)
    Mándame o seu móvil ou algo, quero contactar con ela.
    Para ti, bicos@frores, entre dúas viaxes (a Bavaria etc.)
    Heidi
    ps mercarei o libro, cando se presenta?
    Dos meus dous aínda non teño data, nin de FALOU UN QUEIXO de Galaxia, nin de TRES MULLERES DO SEU TEMPO, de Baía.

  19. Alfredo, parabéns por este poemario, que xa tiven a sorte de ler. Estou segura de que recollerás moitos éxitos con el. Asimesmo quero felicitar á autora do fermoso video. Non deixes de avisar para a presentación.

    beixos
    dores

  20. Alfredo, parabéns por este poemario, que xa tiven a sorte de ler. Estou segura de que recollerás moitos éxitos con el. Asimesmo quero felicitar á autora do fermoso video. Non deixes de avisar para a presentación.

    beixos
    dores

  21. noraboa, alfredo. moito nos fixeches agardar por este primeiro libro de poemas en toda regra. estou encantado de verlle a cara. a ver cando me fago cun exemplar. apertas grandes.

Comments are closed.