O tema da lingua nos Premios Xerais

Nos Premios Xerais, este sábado celebrados na Illa de San Simón, trescentas persoas acudiron para coñecer os gañadores dos premios e as mesmas persoas ficaron ademais sobrecollidas pola difícil situación que vive a cultura galega hoxe tal como se dignaron en dicir ante os asistentes e ante o mundo (lembremos que Blogaliza.tv retransmitiu o evento ao vivo) Agustín Fernández Paz, Rosa Aneiros, Manuel Bragado, Xosé Manuel Beiras, Rexina Vega e Fran Alonso, como poderemos comprobar nestes día na rede.
Varios deles lembraron o a feliz convocatoria do 17 de maio na Quintana, e eu agora mesmo chego a pensar que non só foi un bon número xuntar cuarenta ou cincuenta mil persoas: se cadra se non diluviase eramos 100.000! Na nosa casa a ausencia dos máis pequenos foi debida ao mal tempo.

Share

Comments are closed.