Lois Balado escribe sobre a Blogaliza

«Blogaliza.org é dende o seu nacemento no ano 2003 o enderezo web de referencia para os “blogueiros” galegos. A iniciativa naceu da man de Pedro Silva coa intención de aglutinar nun mesmo enderezo virtual todos os blogues da Rede escritos en galego.
Eran aínda os primeiros síntomas da explosión da web 2.0 a nivel global, o que significaría o comezo dunha nova revolución no mundo de internet, unha segunda xeración de tecnoloxía web baseada nas comunidades de usuarios e en servizos moi novidosos como as redes sociais, os wikis e os propios blogs.
Eran poucos e se cadra non tan atractivos nin coloridos coma hoxe, pero xa daquela xurdían os primeiros blogues escritos en galego e con eles a iniciativa blogaliza.org. aínda entendida coma un listado onde se puidesen atopar estes primeiros espazos.
“A páxina naceu cunha clara vocación comunitaria dende o principio. Buscábase ser o lugar de referencia dos blogues en galego”, afirma o propio Pedro Silva, e o certo é que a día de hoxe a web está moi preto de estes obxectivos. […]» (Ler máis en Galicia-Hoxe)

Share

Comments are closed.