Culturgal 2009

Este é o texto do correo que acabo de enviar ás case 700 persoas que se uniron ao grupo desde que se creou, o venres pasado. Realmente, dada a resposta, Facebook facíase pequeno, sobre todo porque é unha rede pechada na que non está todo o mundo. Por iso abrimos hoxe un blogue. Mais a información está toda no correo que aquí deixo:

“É fantástico ver o ben que podemos organizarnos cando temos motivos. Xa somos case 700 membros no grupo Queremos Culturgal09! Acabamos de abrir o blogue oficial da plataforma en Blogaliza:  http://queremoscultura.blogaliza.org
Agora, se dispós dun tempiño e ganas de dedicalo a colaborar para que Culturgal 09 sexa unha realidade, é moi importante que cubras o formulario que atoparás no blogue:
http://queremoscultura.blogaliza.org/con…
No blogue poderás ver en tempo real as estatísticas de colaboracións ofrecidas e todas as noticias relacionadas co Culturgal que vaian aparecendo. Tamén incluímos un resumo das conversas que tivemos desde venres até hoxe coa Asociación de Editores e coa Concelleira de Cultura do Concello da Coruña.
Lembra que non podemos nin debemos traspasar os membros deste grupo ao blogue, senón que debe ser cadaquén, a título individual, quen se una á plataforma a través do formulario do blogue.
Vémonos alí!
Unha última cousa: o blogue é xa público, polo que, se queres contribuír a difundir a súa existencia, será xenial que o fagas. É moi importante que cheguemos a todas as persoas que poidan estar interesadas.
Se precisas algunha aclaración sobre calquera dos puntos, podes facela tamén directamente nos comentarios do blogue, sobre todo porque fican á vista de calquera persoa que o visite, e porque deste modo non é preciso responder varias veces ás mesmas preguntas.
A cultura que queremos!”

Tati Mancebo

Share

Comments are closed.