Livro electrónico, Tati Mancebo

Interliteral 09: Dolores Romero, A literatura na era dixital

«Como afecta o paradigma dixital á literatura en xeral?

A administración está a traballar adecuadamente dixitalizando contidos a unha boa marcha, a través da Biblioteca Virtual Cervantes e a Biblioteca Digital Siglo XXI. Tamén facilitando o acceso aos contidos e ás bibliotecas a través do proxecto EX LIBRIS, con acceso ás bibliotecas do mundo (aínda que en moitos casos non poidamos consultar os llibros.

D. Romero, membro de CEDRO, lamenta o perigo que corren os textos ante a perda de dereitos de autor e que convive co esforzo enorme que está a facer CEDRO para chegar a acordos sobre dereitos.

Na Complutense non reciben beneficios de ningún tipo polo esforzo do profesorado para pasar as leccións a formatos dixitais mais fano porque saben que é a súa responsabilidade.

Non esixe aos seus estudantes a adquisición dun lector de libros electrónicos aínda que lle acaba de explicar o comercial de Ylliad, que está na entrada da Biblioteca onde se celebran estas xornadas, que serán o futuro da lectura. […]» (Ler máis en Tati Mancebo)

Share
Standard

5 thoughts on “Interliteral 09: Dolores Romero, A literatura na era dixital

  1. A min que os profesores universitarios teñan como única preocupación o que deben cobrar por dereitos paréceme alarmante. Sobre todo cando demostran, como é o caso, que son capaces asistir a un encontro de literatura dixital sen saber nada do tema.

  2. A min que os profesores universitarios teñan como única preocupación o que deben cobrar por dereitos paréceme alarmante. Sobre todo cando demostran, como é o caso, que son capaces asistir a un encontro de literatura dixital sen saber nada do tema.

Comments are closed.