Alfredo Ferreiro, Críticas e referências, Lusofonia, Poesia

Ofício cantante, de Herberto Helder

Herberto Helder, luz solitaria

Escribir sobre a poesía de Herberto Helder remíteme aos anos noventa, cando me atrevía a reclamar publicamente para a poesía galega poéticas surrealistas como as que representaban en Portugal Herberto Helder, Natália Correia, Mário Cesariny e António Maria Lisboa, entre outros. Nada me convencían os argumentos de Henrique Monteagudo e Claudio Rodríguez Fer sobre a nítida presenza de estilos surrealistizantes e a imitación excesiva de Helder entre os poetas galegos, pois semellaban tentativas de atribuír experiencias vangardistas infrutuosas a unha poesía galega asombrosamente pagada de si. Anos mais tarde coñecín a obra de Manuel Vilanova E direivos eu do mister das cobras e alí desfrutei dun poemario que apuntaba naquela dirección, e que probabelmente foi inxustamente obviado por ser o autor demasiado heterodoxo para o sistema literario da altura.

Herberto Helder sempre adoptou unha actitude evasiva perante o prestixio que a súa obra xerou, xa desde o inicio: «[…] O prestígio é uma armadilha dos nossos semelhantes. Um artista consciente saberá que o êxito é prejuízo. Deve-se estar disponível para decepcionar os que confiaram em nós. Decepcionar é garantir o movimento. A confiança dos outros diz-lhes respeito. A nós mesmos diz respeito outra espécie de confiança. A de que somos insubstituíveis na nossa aventura e de que ninguém a fará por nós[…]». Non constan entrevistas concedidas polo autor salvo unha no Jornal de Letras en 1964 e outra realizada para a revista Luzes de Galiza por Xosé Lois García en 1987. Este autor, considerado por Antonio Gamoneda o poeta vivo máis importante de Europa, non reedita os seus libros. De facto, cando o ano pasado publicou A faca não corta o fogo e o poemario esgotou en tres meses, a resposta da editora foi proporlle unha selección persoal da súa obra completa que incluíse o libro que viña de ser devorado polos seus famentos lectores.

Ofício cantante é un título recuperado polo autor para os seus poemas reunidos. Nesta última entrega inclúe textos desde A colher na boca (1961) até A faca non corta o fogo (2008), en que as metáforas sorprendentes, a ambigüidade e a presenza do insólito continúan a florir libremente nun discurso literario que vehicula un compromiso profundo e inusual coa creación. Unha obra poética, en definitiva, en que a reflexión sobre a esencia do poético (“Porque o único sentido, digo-to agora, é a beleza mesmo”), a imbricación do carnal no intelectivo (“mamas sem leite e sangue mas / terrestres soberanas / pénis intenso / ânus sombrio”), a visión multiperspectivada do mundo (“Se basta a água anárquica?”), a teoría da escrita (“na folha escura onde cada frase brilha / um relâmpago apenas antes de ser escrita”), a imaxe sorprendente (“a flor com o seu feixe de artérias”) e a reflexión sobre o material de contrución poética (“porque eu, o mundo e a língua / somos un só / desentendimento”) continúan a ser recursos irrenunciábeis.

(Reseña publicada en Protexta 11 – Verán – Revista de libros de Tempos Novos)

Share
Standard

8 thoughts on “Ofício cantante, de Herberto Helder

  1. Pingback: ‘Traición a Lois Pereiro’, por Alfredo Ferreiro | Lois Pereiro

  2. Pingback: Oficio cantante, de Herberto Helder | Xalundes

  3. Amigo Netincorne, que teña sido moi citado un autor nunha época non demostra que teña sido imitado. Iso é precisamente o que cuestiono aínda agora, e que desde os noventa observo.
    Recoñecín o meu “desfase” atopando a obra de Vilanova vinte anos máis tarde da súa publicación, mais iso é śo a miña experiencia, non a pretensión apresentar unha novidade.
    Que alguén lle teña presentado a persoa chamada H. Helder é algo que vostede ten por mérito literario? Fala de coñecer poetas en Lisboa, das citas que fixeron os dos 80 e das relacións literarias asumidas pola maioría. Hai algo máis tópico que os seus argumentos? Se é capaz de sorprendernos con ideas novas sobre a literatura galega estamos ansiosos por coñecelas, pode estar seguro.
    Pola miña parte estou a falar dun libro que é actualidade, e dun autor vencellado á historia recente da poesía galega. As miñas pretensións están bastante claras, e moi lonxe de desvelar ideas sorprendentes ao persoal.

  4. netincorne says:

    Herberto Helder foi un autor citado ata a extenuación pola xeración dos 80. Eu mesmo, que non son poeta, tiven oportunidade de coñecelo persoalmente no bar O Lar dos Galegos, no Largo da Trindade da capital lisboeta. O libro de Manuel Vilanova e a súa relación con Helder (entre outros…) é tamén un topicazo. Está ben que vostede descubra o mundo en 2009. Outros descubrírono trinta anos antes.

  5. netincorne says:

  6. netincorne says:

  7. netincorne says:

Comments are closed.