Alfredo Ferreiro, Entrevistas, Tecnologia

Salman Rushdie opina sobre a rede como tantos sobre fútbol?

Salman Rushdie: «[…] Creo que o abanico de voces que poden falar en todos estes medios é bastante reducido. Claro que en Internet calquera pode dicir calquera cousa, pero creo que a Red aínda se atopa na súa infancia, e neste período moito do que un se atopa é tan só lixo. Mal escrito, mal pensado e, por suposto, nada documentado: como podes escribilo, falo. Quizá isto sexa unha fase temporal e necesitemos unha segunda fase na que as cousas non só estean mellor escritas, senón pensadas, con máis coñecementos, da mesma forma na que funcionan os medios tradicionais. Por suposto, temos periódicos-lixo e sempre os haberá, e iso tamén existirá en Internet, pero ese non é realmente o problema. O que agora mesmo non existe é o suficiente control de calidade, pero iso é unha cuestión de tempo. […]» (Ler completo en La Voz de Galicia)

Por que crerá Rushdie que o abano de voces da rede é reducido? Por que cre que nos medios convencionais non opina calquera, non están saturados de lixo ou non mostran aínda máis intereses sectarios debido á sua vinculación tradicional con negocios concretos? Por que opina que nos medios convencionais se escribe e se pensa mellor e todo está documentado? O feito de que sexa barato publicar e que por iso haxa moitos espazos utilizados polo vulgo, como os diarios persoais e outras páxinas que serven para as relacións a distancia, pode ser unha crítica da calidade dos contidos da rede? Por que interpreta que a internet, ese lugar onde el navega para documentarse, é algo así como unha Enciclopedia Británica escrita por torpes ou inconscientes? Por que critica a rede como MEDIO cando non é máis que un ESPAZO? Pode ter alguén control sobre o espazo total da edicións impresas ou sobre os discursos orais do mundo? Foi controlada a calidade das edicións de autor publicadas por capricho ou a de todo o que se leva informado en papel sen a debida documentación? E por que se atreve un home da súa talla intelectual a falar de internet con tal descoñecemento do tema? Quen se inhibiu de facerlle o control de calidade ao seu discurso? Desde logo o medio non o fixo —probabelmente tampouco o pretendía—, aínda que se trataba da prensa tradicional.

Share
Standard

8 thoughts on “Salman Rushdie opina sobre a rede como tantos sobre fútbol?

  1. É un caso reiterado xa o do grande intelectual internacional que é inquirido sobre a internet e resalta a cantidade de contidos que atopa sen calidade ou mínimo interese. Non acaban de entender que ese tipo de crítica parte de que confunden o CANAL coa eficiencia das MENSAXES. É dicir, non lles parece que no publicado en papel tan só unha mínima parte é do seu interese, tendo en conta desde os anuncios pornográficos dos xornais até os cartaces de oferta do súper ou os billetes do autobús? E se observasen o total do contido nunha grande biblioteca non acontecería o mesmo? Semella que esta xente só lembra a oferta en papel, vello ou virxe papel daqueles exemplares que adoran, das tendas especializadas da súa preferencia nas grandes cidades do mundo que periodicamente visitan. Non reparan en que este servizo en breve será igualmente especializado no mundo virtual, cando xa os libros impresos sexan un artigo de luxo dedicado aos caprichosos coleccionistas de soportes literarios. Situación, por outra parte, semellante á de hai só 100 anos, se temos en conta que a invasión das casas polos libros, vencellado á divulgación do bestseller en edicións baratas, explotou aínda nos EUA hai só 50 anos.

  2. É un caso reiterado xa o do grande intelectual internacional que é inquirido sobre a internet e resalta a cantidade de contidos que atopa sen calidade ou mínimo interese. Non acaban de entender que ese tipo de crítica parte de que confunden o CANAL coa eficiencia das MENSAXES. É dicir, non lles parece que no publicado en papel tan só unha mínima parte é do seu interese, tendo en conta desde os anuncios pornográficos dos xornais até os cartaces de oferta do súper ou os billetes do autobús? E se observasen o total do contido nunha grande biblioteca non acontecería o mesmo? Semella que esta xente só lembra a oferta en papel, vello ou virxe papel daqueles exemplares que adoran, das tendas especializadas da súa preferencia nas grandes cidades do mundo que periodicamente visitan. Non reparan en que este servizo en breve será igualmente especializado no mundo virtual, cando xa os libros impresos sexan un artigo de luxo dedicado aos caprichosos coleccionistas de soportes literarios. Situación, por outra parte, semellante á de hai só 100 anos, se temos en conta que a invasión das casas polos libros, vencellado á divulgación do bestseller en edicións baratas, explotou aínda nos EUA hai só 50 anos.

  3. La Voz fixo unha entrevista convencional, desde logo, e nela ninguén exixe unha profundidade especial no tema en cuestión, que por certo son varios a un tempo. É talvez o xornalismo que ten pouco futuro hoxe, que ofrece constantemente visións demasiado convencionais. A medida que os xornais se afundan na crise que xa os carcome, se cadra terán que entrar a tratar os temas dun modo menos superficial. E probabelmente, se lles dan a oportunidade, virán á luz as mentes valiosas que agora non poden dar os seus mellores froitos.

  4. La Voz fixo unha entrevista convencional, desde logo, e nela ninguén exixe unha profundidade especial no tema en cuestión, que por certo son varios a un tempo. É talvez o xornalismo que ten pouco futuro hoxe, que ofrece constantemente visións demasiado convencionais. A medida que os xornais se afundan na crise que xa os carcome, se cadra terán que entrar a tratar os temas dun modo menos superficial. E probabelmente, se lles dan a oportunidade, virán á luz as mentes valiosas que agora non poden dar os seus mellores froitos.

Comments are closed.