Stephen King non está nas bibliotecas

Simon & Schuster, editora de King e doutros best sellers, non servirá e-books ás bibliotecas mentres non atope un modelo de negocio sen arestas.

Actualmente son máis de 5.000 as biblioteca públicas dos EUA que ofrecen préstamo de ebooks. As bibliotecas quéixanse dos prezos tan altos que deben pagar por cada título, mentres que os editores opinan que deberían chegar a un acordo en función do número de préstamos de cada título e crear un fondo de compensación para as editoras por medio dun novo imposto sobre bens e servizos baseados en Internet.

A idea de S&S non sería que as bibliotecas substitúan as librarías, senón crear un modelo de negocio que satisfaga o desexo do público polos produtos de balde sen deixar de pagar os creadores.

Mmmm, por que algúns editores falan dos autores como elo máis desfavorecido da cadea? O caso tenme un certo parecido coa mendicidade infantil.

Tati Mancebo

Share

Comments are closed.