EU OU NÓS? ~ IV Encontro de nov@s escritor@s

«Do 20 ao 21 de novembro celebrarase en Sta. Cruz, Oleiros (A Coruña), o Encontro de novas/os escritoras/es a que anualmente a AELG se vén comprometendo. Este evento máis unha vez será un espazo para o diálogo sobre os camiños que as novas letras galegas están a tomar na escena do noso sistema literario.

Mais nesta ocasión a Asociación quixo asumir as potencialidades que as tecnoloxías da información poñen ao dispor da cidadanía para tentar multiplicar as posibilidades de diálogo así como a divulgación dos asuntos a debate.

Deste modo, o Encontro presencial que terá lugar no Castelo de Santa Cruz está a ser prologado por un blogue específico en que as/os relatoras/es adiantan as súas teses mediante documentos dixitalizados, visuais e audiovisuais. Estes contidos preliminares, disponíbeis desde xa no blogue “EU OU NÓS? IV Encontro de nov@s escritor@s”, anticipan as materias que serán tratadas nas mesas de traballo (ver programa) e favorecen a eficacia da reflexión, á que se convida toda persoa interesada na literatura galega.»

Vía Axenda Cultural AELG

Share

Comments are closed.