Historia Universal de Paniceiros, de Xuan Bello

Paniceiros«Calquera localidade pode ser o centro do mundo; Xuan Bello fai, con emoción, que nestes textos Paniceiros sexa todo un mundo. Coimbra, Tánxer, Nova York, Barcelona… todos e máis collen en Paniceiros. As sete casas desta aldea asturiana gardan un espazo literario propio que Xuan Bello universaliza maxistralmente. É Historia Universal de Paniceiros unha das obras máis líricas e emocionantes que se escribiron nos últimos tempos. E non faltan críticos que afirman que a Historia Universal de Paniceiros é un dos libros máis fermosos das literaturas peninsulares, escrito nesta ocasión en asturiano, e que nós traducimos ao galego. E cremos que a cultura galega non debe nin pode ignorar as literaturas veciñas; é por iso que esta edición engade, ao valor de publicar unha gran obra literaria,o mérito de nos achegar a unha literatura como a asturiana, veciña de sempre e ignorada coma nunca. A Historia Universal de Paniceiros fará, a quen a lea, que descubra un gran escritor, e unha literatura, a asturiana, moi atractiva.» (Edicións Positivas)

Share

4 comments to Historia Universal de Paniceiros, de Xuan Bello

  • Lino hai tempo en asturiano (non é difícil para un galegofalante) e é fantástico. Unha grande nova que agora estea traducido ó galego, estaría ben mirar para o que se fai aí a carón, na irmá Asturies.