VI Simposio «O libro e a lectura»

Pedro Silva: «[…] Os que funcionan como recolectores de novas tecnolóxicas dixeron o que xa sabian todos os que len os mesmos RSS. Os que viñan a vender productos e servizos loubaron as bondades do sistema de protección dos DRM (sexa alugado a un terceiro -Adobe-, como publidisa ou numilog, ou pola ofuscación, como google editions). Ata houbo algún espontaneo que tamén viña a “falar do seu libro”. E das preguntas que puiden facer aqui e acolá, conclusións e afirmacións que amosan as contradiccións dunha perspectiva que non vexo como sustentar: é de entender que os editores queren, precisan, seguridade para trasladar o seu modelo de negocio, a sua cadea de valor, do papel ao dixital. Pero ese non é o camiño. Por esa via só avanzamos na perda de liberdade. […]»

Manuel Bragado: «[…] As utilidades dixitais da lectura sobre pantallas triunfarán tamén no mundo da comunicación cultural. A razón do seu éxito residirá nas formidables potencialidades atesouradas pola prosa electrónica, que permite por medio dun clic enriquecer o contido dun texto enlazándoo con outros externos (o fenómeno coñecido como “intertextualidade”) ou con imaxes e sons interactúando con el (a chamada “multimodalidade” tan característica da internet 2.0, onde xunto aos textos aparecen fotos, vídeos ou arquivos musicais). Noutras palabras, esta nova forma de ler e escribir sobre pantallas (o que chamamos “literacidade electrónica”) permitirá novas e mellores posibilidades de creación e de acceso ao coñecemento e á información. […]»

Tati Mancebo: «[…] Eu creo que esa é a única razón pola que a comunidada aínda non deu en dixitalizar o corpus pola súa conta. Somos un país pequeno, coñecémonos todos; os escritores, único elo sen o cal non pode haber literatura, non viven dela. Non sería boa cousa chegar a un acordo entre todos? Por que non adiantármonos por unha vez e procurar un acordo social no ámbito do libro? A tecnoloxía está esta vez da nosa parte, só faltaría dicidir o que queremos e como estariamos dispostos a facelo.»

Share

Comments are closed.