Unha peregrinación literaria

Resulta unha actividade atea a miña ultimamente, e no entanto carregada de experiencia espiritual. Teño o privilexio de estar a percorrer os santuarios literarios dun importante número de escritoras e escritores galegos: responden desde a súa casa, desde a rúa e sempre desde o corazón as miñas preguntas sobre a emotividade que os acompaña desde os inicios da súa relación coa escrita. Por que escribir para todos, por que esforzarse en expresar o propio, por que reflexionar sobre a vida dun modo colectivo e individual ao mesmo tempo? Será que neses actos de emisión e recepción sentimos unha fusión do individual e do plural?

Hoxe vou entrevistar alguén que me cuestionou de partida a actividade: “Por que queres gravarme? Non é máis importante un escritor que un carpinteiro!”. Desde logo que non. Un proxecto que retratase a parte máis profunda dos carpinteiros non chegaría menos lonxe.

Share

Comments are closed.