FICOD: obradoiro de autoedición

«Estou en FICOD en Madrid, a feira dos contidos dixitais que alberga a Feira do libro dixital edición cero. O primeiro evento ao que asisto é un obradoiro de autoedición impartido por Marta Bernal de Bubok. Somos arredor de 50 asistentes, dos cales hai 2 que teñen libro publicado en Bubok, servizo de publicación e impresión baixo demanda. Creo que só dous temos o portátil aberto.

A miña impresión cando lles botei unha ollada foi que era moderadamente simple subir e compoñer o libro, que as opcións de impresión eran suficientemente variadas pero o prezo parecérame excesivamente caro, sobre todo para tiraxes moi pequenas.

“O libro máis vendido de Bubok leva 600 exemplares”

Marta comeza destacando a usabilidade do servizo e a variedade de opcións para o produto final.

O perfil de autor pode asociarse a redes sociais. Os libros poden ser votados polos lectores. […]»

(Ler máis en Tati Mancebo)

Share

Comments are closed.