Manuel Rivas e un toxo na Real Academia Galega

Que Manuel Rivas levase o seu toxiño na man o día da súa entrada na Academia é algo engrazado. É certo que hai moitos anos que anda coa poliña espiñenta e florida, mais velo agora así enfeitado no rito desa tan antiga institución semellou darlle ao vello xesto rivasiano todo o seu sentido. Semellaba en silencio dicirnos: «Aviso de que levo espiñas acarón das flores; sei que na Academia atoparei flores acarón das espiñas; lembremos através do toxo o que a Cultura é: interacción entre a sociedade e a terra». O que había de simbolizar aquel toxiño elevado a digno acompañante en honra tamaña, sendo como foi durante milenios febra primordial do traballo fertilizador? Un dos máis duros traballos da vella aldea era extraer da corte os cheirentos torróns coa picaña e carrexalos até a leira onde habían de fertilizar os campos que precisamos para manter o gando. O toxo, ese cacto autóctono que tanto apesaraba o raposo no alto de Camariñas, foi de tal modo necesario para o sistema agrogandeiro tradicional que era replantado cada tres anos no monte. Por milenios unha folla brava e útil, este día foi ademais unha alegoría universal.

Máis información na Axenda Cultural AELG e no blogue da editorial Xerais.

Share

Pepe Cáccamo falou da poesía de Miguel González Garcés

Foi na Biblioteca Nodal Miguel González Garcés, na Coruña, e despois tivemos a oportunidade de falarmos de poesía vella, media e nova. Unha ocasión que hai que aproveitar cando os amigos se animan a cruzar o país. Tati Mancebo gravou un minutiño da súa intervención:

Share

Pepe Cáccamo falou da poesía de Miguel González Garcés

Foi na Biblioteca Nodal Miguel González Garcés, na Coruña, e despois tivemos a oportunidade de falarmos de poesía vella, media e nova. Unha ocasión que hai que aproveitar cando os amigos se animan a cruzar o país. Tati Mancebo gravou un minutiño da súa intervención:

Share

Última oportunidade para a exposição Áncora do alén

O trabalho colectivo de gravuras e poemas em homenagem ao grande Urbano Lugris, Áncora no alén, segue o seu caminho: permancerá deste 12 de Dezembro até princípios de Janeiro na Fundação do Museu de Artes da Gravura, em Artes, Ribeira. Para chegar, assim. Esta é a última exposição pública prevista das obras.

Junto endereço e horários do Museu, para quem queira ir: tTelefone: 981.871.342; endereço: Artes Lugar de Outeiro s/n. 15969 Ribeira. A Coruña.

Share