Livro electrónico, Tati Mancebo, Tecnologia

Jane, de Dear Author, sobre modelos de negocio

Tradución libre das partes do texto que me parecen máis interesantes:

Primeiro as súas convicións:

-O sistema de adiantos contra royalties xa non se sostén.

-Unha industria editorial forte é boa para o lector.

-Escribir é un acto creativo, vender é negocio.

Jane defende modelos alternativos de negocio porque cre que a democratización do acceso á distribución pode crear modelos de negocio sustentábeis para todo tipo de autores.

Con editoras como Random House a reclamar dereitos dixitais con carácter retroactivo o panorama está a mudar. Os autores están a asinar contratos de libros que sairán en dous ou tres anos, así que paga a pena botar unha ollada ao que se albisca xa.

1. Sistema de adiantos por dereitos
2. Edición dixital
3. Empresas de servizos de edición
4. Autoedición

Adianto por dereitos

O editor pagaba un adianto ao autor en función das vendas estimadas, que podía chegar a un 94% do beneficio xerado pola propiedade intelectual do autor. O autor recibe unha cantidade situada entre os 1.000 $ e varios millóns por libro mais a promesa de que tamén recibirá entre o 6% e o 15% dos ingresos por riba das vendas estimadas a priori. E ao final o autor pode que non reciba máis que o 6% dos ingresos xerados polo libro.

Edición dixital

O modelo actual contempla porcentaxes superiores para o autor, a maioría entre o 30% e o 40%.

Empresas de servizos de edición

Estas vanse multiplicar con rapidez cando aínda se democratice máis o acceso á distribución. O autor paga só polos servizos que contrata, o que pode chegar até un 50& aproximadamente e debe adiantar diñeiro.

Autoedición

O autor conserva a totalidade dos beneficios xerados pola venda do libro mais ás veces vese na obriga de contratar determinados servizos, como o deseño da cuberta, por exemplo.

A diferenza entre os catro modelos está no risco que o autor está disposto a asumir en función da porcentaxe de beneficio que queira asegurarse.

Como a maioría das vendas está aínda no mercado físico, ese é o de menor risco pero a situación está a mudar.

Durante 2008, polo menos o 24% das vendas de libro físico foron formalizadas online. Estase chegando a un punto en que os adiantos son cantidades tan pequenas que moitos autores están a ter en consideración outros modelos de publicación porque a tecnoloxía de impresión baixo demanda encaixa perfectamente coa venda online.

Os autores que desexen vivir do que escriben deberían cuestionarse se realmente paga a pena acabar renunciando até ao 96% dos ingresos xerados pola súa propiedade intelectual.

A autoedición que non supoña un custo inicial para o autor pode substituír o modelo actual de adiantos unha vez que o mercado dixital supoña polo menos un 35% do mercado xeral do libro. É normal que as editoras estean a experimentar con diferentes modelos para que o negocio se prepare para adaptarse a un mercado en fase de cambio. A edición non bai desaparecer pero vai mudar moito nun prazo de só cinco anos.

A desaparición da necesidade da tenda e o obxecto físicos, abre novas posibilidades para escritores que queiran vivir do que escriben. Os autores deste grupo deberán formarse no novo negocio e coñecer ben os riscos que corren, para poderen asumir os que consideren oportunos.

Unha potente e nova industria editorial se aproxima, preparada para os nichos e para os mercados de masas.
(Tati Mancebo)

Share
Standard