Avatar, outro guion esquecido?

Segundo o noso antropólogo accidental, o filme máis agardado do Nadal é unha mostra máis de deseño gráfico sen profundidade de pensamento. Con moitas emocións, no entanto das máis básicas: a supervivencia en tempos de guerra. Outro exemplo narrativo dunha época baseada na tecnoloxía e no esquecemento das humanidades. Pensar para que? É máis simple o cinema que nos activa o cerebro do réptil, como facer “ponting” en lugar de deporte. Suar é moi cansado, e no fin de semana o que queremos é que nos conmovan sen nos mover.

Share

12 comments to Avatar, outro guion esquecido?

  • Por aí vou eu: a capacidade que demostra o marine ten a ver co coñecemento da tecnoloxía bélica dos conquistadores. Por iso non acepto que mostre ao final unha proeminencia social cando en comparación cos indíxenas é un membro dunha sociedade moi inferior en coñecemento do auténtico valor da vida.

  • xos

    Saúdos. Eu non soporto ao personaxe principal, ese marine, que de ser unha personaxe real sería incapaz de contactar con calquera civilización allea, do amazonas ou doutro planeta. É un chuliño, o máis seguro é que nunha situación real os nativos lle cortaran a cabeza ben pronto. Se o comparamos por exemplo, cunha película americana comercial pero moi digna, como é bailando con lobos, mírase como o personase de Kevin Costner vaise gañando a confianza dos indios paseniñamente, sen présas, e aprendendo e non sendo o número un da tribo.
    A min ese personaxe de Avatar non me gusta nadiña, a ciencia ficción tamén precisa de bos guións. Penso que esta película será esquecida pronto do imaxinario popular.

  • Vímola onte en casa, e o noso Pelacho de nove anos flipou. A min tamén me gustou ese punto en que se mostra un planeta, máis que só unha sociedade, realmente avanzado. Porque para min, e aí non me molesta en absotulo o posíbel misticismo, o Amor é unha forma tan elevada de comunicación que mellor debería considerarse conexión, tal como se ve no filme. E o sentimento dos nativos é un amor total, que non acaba na súa especie, e que fai que os problemas do outro sexan os propios tamén, unidos todos no destino planetario. Por isto a oposición entre mística-ecoloxía e depredación capitalista desde logo que me agradou.
    Mais que todo isto fique tan abafado pola fórmula bélica estándar déixame un sentimento de certa frustración, así como que “@s gatiñ@ azuis” sexan todas esbeltas criaturas cortadas polo mesmo patrón, dando a imaxe dunha sociedade sen vellez nin gordura, por exemplo. Se non primase tanto a padrón do cinema de guerra algúns aspectos máis profundos terían cabida, creo eu.

  • Pois eu non estou completamente de acordo.
    Si, é unha película comercial, para facer unha taquilla importante e impactarnos co 3D, mais eu, será polas miñas veleidades ecoloxistas, interpreteina doutro xeito.
    Para min hai mensaxe cando se ilustra e se narra sobre a comunicación interna da natureza, a realidade dun munto en que todos os seres vivos están conectados entre si e senten a dor de que o seu mundo se poida transformar nun mundo peor. Certo, hai un pouco de misticismo de máis no caso da árbore das almas, mais a idea de que a natureza está intercomunicada no seu conxunto é boa, e deberíamos asumir que non é unha elucubración do guionista de turno.
    Desde o meu punto de vista é evidente a fratura entre os científicos e os paramilitares ao servizo do sistema, capitalista. E o modelo de exército americano non queda nada ben parado. Ten sentido que o exército de Pandora ande con arcos e flechas ao puro estilo dos indios americanos, ten a súa dobre lectura e tamén a posíbel interpretación de que non todo consiste en arrasar.
    Lectura positiva tamén dos marines que se pasan ao inimigo e que se converten en habitantes de Pandora, era o que queríamos de pequenos, que gañaran os indios na tele.

    Como vedes a min gustoume. Sabía onde, estaba ante unha película americana de elevado presuposto. Mais eu son afeccionada a buscar lecturas axeitadas e atopeinas. Todo iso sen falar do aspecto plástico, coa loábel conexión co mundo da BD, especialmente do francés Jean Giraud, máis coñecido por Moebius, ou o brasileiro Luiz Eduardo de Oliveira “Leo”, entre outros.

    Eu recomendaríaa, especialmente con pequenos de por medio.