O novo proxecto de lei contra a pirataría dixital

«O novo proxecto de lei contra a pirataría dixital, pensada segundo o Goberno para limpar da Rede 100 webs (200 segundo as empresas do audiovisual) que ofrecen contidos audiovisuais sen permiso dos seus propietarios, continúa adiante cos remendos necesarios. Trátase dunha norma con eivas xurídicas evidentes, pois permitiría a unha Comisión da Administración fiscalizar as comunicacións electrónicas dos usuarios e dicir o que é legal e o que non, para logo un xuíz executar a resolución administrativa sen tempo para poder discutir o fondo da cuestión, e chegando moito probabelmente a executar nos termos iniciais da Comisión. Semella unha estrataxema para non obviar a participación xudicial, mais utilizando esta nunha versión tan reducida que pasa case por testimonial.

Hai quen ve nesta proposta a utilización dunha autoridade administrativa, a supracitada Comisión, para a defensa non de intereses xerais senón de dereitos individuais de contido económico (cfr. Paloma Llaneza en El País); hai quen estima que unha regulación que afecta á espionaxe de comunicacións electrónicas ou á clausura dunha web debía facerse polo menos mediante unha lei orgánica (cfr. Víctor Domingo en Xornal de Galicia); hai quen opina que obrigar a Audiencia Nacional que vise en catro días aquilo que ordena unha comisión ministerial é un despropósito, como tamén o é exixirlle este traballo a un tribunal exepcional que se ocupa do terrorismo, o narcotráfico e a corrupción (cfr. Ignacio Escolar en Público). […]» (Ler máis en blogaliza.org)

Share

2 comments to O novo proxecto de lei contra a pirataría dixital

  • Deixas as cousas claras, camarada. O asunto de fondo é tecnoloxía (conxunto de técnicas) a usar por uns -partidarios realistas do imparable- e por outros -ilusos defensores do statu quo-. Coido (e por iso aposto) que van triunfar, como sempre, a liberdade e a enxeñosidade.
    O problema -unha vez máis neste intre de mudanzas globais- é estarmos fronte a novos paradigmas que malamente se poden aceptar por quen vive dos antigos. Coa música, por exemplo, vólvese a tempos previos ao gramófono: os artistas só van poder cobrar por actuación. Volvemos a hai cen anos, o sistema montado durante un século esboróase. Os intermediarios ven que a Internet e a web (arañeira universal apoiada nela) son os seus grandes inimigos, porque aproximan o artista ao mundo enteiro, danlle o que o artista quere: difusión global, satisfacción mundial da súa vaidade creadora. O que non gañen cantantes e músicos por publicación de contidos en soportes controlables polos intermediarios hano gañar nas actuacións, que se multiplicarán, con entradas cada vez máis caras…