Livro electrónico, Tati Mancebo

Que vén o libro electrónico

Tati Mancebo: «Hai semanas en que o libro dixital non produce gran cantidade de noticias, hai semanas en que as noticias se centran nos lectores de ebooks. A semana pasada Apple anunciou un evento de presentación sorpresa para o día 27 de xaneiro e a tinta comezou a rodar. Amazon presentou a oferta para autores venderen directamente os seus libros -pensando sobre todo nos títulos antigos, esgotados e descatalogados-, tamén presentou a súa plataforma, ao máis puro estilo iStore, onde os desenvolvedores poden crear e testar online as súas aplicacións, facendo ver que as acusacións de sistema fechado que se facían ao Kindle están lonxe de ser certas. Nestes dáis seguíronse anunciando novos lectores de libros e comezan a anunciarse para febreiro os primeiros tablets que poden cumprir as expectativas dos usuarios que queren reunir nun só aparello ordenador, navegador e lector cómodo de libros, con sistemas que combinan as pantallas a cores e as de tinta electrónica e similares. […]» (Ler máis en blogaliza.org)

Share
Standard