A Escola española como campo de exterminio cultural

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/46z5zu8OnSs" width="425" height="350" wmode="transparent" /] Resulta terrorífico confirmar como nas escolas galegas a ideoloxía inoculada aos alumnos asociaba lingua galega, traballo rural e profesións de iletrados. Galego como sinónimo de miseria, ou como estigma dos parias, para sermos claros.

O castelán, pola contra, significaba cultura, ámbito espiritual, futuro laboral e, en definitivo, prestixio social e ben estar económico. Ora ben, destes nenos os que puideron estudaron e pasaron a traballar na cidade ou en diversos ámbitos das administracións públicas e privadas. Este progreso a respecto da súas familias evidentemente produciu que educasen os seus fillos en castelán, precisamente os que hoxe temos na escola.

Non hai, pois, desprezo do galego, senón unha praxe que lles gravou a lume que os falares da súa familia eran un obstáculo para se desenvolveren. E todos os pais desexan prover os seus fillos dos mellores recursos.

Vía Galicia Confidencial.

Share

2 comments to A Escola española como campo de exterminio cultural

  • É un auténtico trauma ligüístico o que contas, compañeiro, e a consciencia desa situación é o que a moitos neofalantes nos induciu a usar e defender a lingua ancestral da familia. Moita xente non repara en que pasar do galego é mesmo faltarlle ao respecto á familia antes que ao país, a nación ou calquera ente abstracto. Porque, que outra cousa é o país salvo a relación das nosas familias convivindo ao longo dos séculos?

  • Mirei o vídeo e é real como a vida mesma.
    O meu caso non foi tan esaxerado pero era parecido. Muitos compañeiros non falaban en clase e repetían curso tras curso só pola súa lingua. Iso si, no recreo volvían ser nenos vivos. Non me extraña que agora falen español aos seus fillos.