Alfredo Ferreiro, Arte

Xosé Díaz: “Se fose catalán, Luís Seoane sería moito máis ca Miró”

Xosé Díaz en Xornal de Galicia: «[…] A pesar de todo o que fixo, a súa pegada nunca foi ben ponderada. Ata un ministro galego chegou a dicir que en Madrid non interesaba Seoane porque non o coñecía ninguén. Orellas para oír. Un home que interesou a Lorca, Alberti, Cunqueiro, Cortázar, Castelao, Borges, Sábato, Asturias, Picasso, Gabriela Mistral, Dieste, Octavio Paz… Non tiña pegada para un ministro culto e ben informado. Xosé Díaz cala ante o comentario. Parece lóxico que o ningunease a ditadura de Franco contra a que tanto loitou cando regresou do exilio arxentino en 1963 para instalarse no Castro de Samoedo con Isaac Díaz Pardo, pai do comisario da exposición e antes impulsor da Fundación Luís Seoane. “Agora si é bastante recoñecido, sobre todo desde que se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 1994”. Imaxinemos que Cataluña conta cun creador destas magnitudes. “Pois sería o Miró de Galicia. Moito máis. Seoane é unha figura moito máis complexa porque non só pinta. Traspasa o taller. Quédalle curto e fai máis cousas”, apresúrase a contestar Xosé Díaz. 
Luís Seoane non só se limita á creación, senón que arrastra a arte á industria, creando fábricas de cerámica, colabora con arquitectos e enxeñeiros alagando todo con arte. Hai agora alguén que lle poida facer sombra se puidesemos xogar co espello? “Non, non o hai. Seoane é un tipo cunha responsabilidade histórica incrible. ‘Os galegos non nos podemos dedicar só a pintar. Temos que saír do taller porque temos un país derrotado, escarallado, que hai que pór ao día’, dicía. Cada vez que un galego leva Galicia ao exterior faino con gaita, tambor, polbo, empanada… Esnaquiza o país. Seoane é o gran construtor das formas do futuro de Galicia. El colle a Idade Media, a Prehistoria, o campesiño, o mundo do mar… e sábeo proxectar. Iso non o fixo ninguén. Non sabemos comunicar Galicia. Seoane foi un gran comunicador. Con botellas de oruxo, empanadas, grelos e polbo non se fai […]».

Share
Standard

4 thoughts on “Xosé Díaz: “Se fose catalán, Luís Seoane sería moito máis ca Miró”

  1. Eu diría máis ben: se os galegos fósemos doutro xeito e tivésemos maior capacidade económica, a Luís Seoane daríanlle a importancia que lle corresponde

  2. Eu diría máis ben: se os galegos fósemos doutro xeito e tivésemos maior capacidade económica, a Luís Seoane daríanlle a importancia que lle corresponde

Comments are closed.