Que gañamos desasistindo o talento?

Defensa das axudas de talento – Acto de primavera: «[…]As axudas de talento teñen un orzamento reducido, este ano de 300.000 euros, unha cantidade equivalente ao que recibe unha soa longametraxe de produción convencional. Con máis de 250 traballos presentados na última convocatoria, apenas unha novena parte deles recibiron axuda do AGADIC, un ratio moito máis baixo que o de calquera outra categoría.

Sabedores das dificultades económicas actuais os abaixo asinantes pedísmoslle á administración galega un esforzo para que se practique a menor redución posíbel na súa contía e que en ningún caso se produza a súa supresión, coa certeza de que a erradicación destas axudas suporía un dramático paso atrás nos logros alcanzados polo audiovisual de noso nos últimos anos.»

Web para asinar o Manifesto.

Share

1 comment to Que gañamos desasistindo o talento?