Luís Álvarez Pousa: 'Se un medio en galego cae, non é só culpa do poder político'

«[…] Óscar Iglesias: Villares propuxo en 2009 un “pacto de non agresión” no que respecta á lingua e á cultura, invocando o pacto da autonomía. Este ano, no Courel, Feijóo prometeu un “gran pacto pola lingua”, e ata agora.

Luís Álvarez Pousa: Feijóo esqueceu esa oferta un día despois de estar no Courel, ratificando o decreto da lingua que levou á xente á rúa. O Consello debería seguir esixindo ese pacto, quizais o primeiro gran pronunciamento sociocultural da súa historia, igual que fixo a Academia. Ese pacto é necesario, pero non é posible a non ser que o Goberno actual deixe de usar a lingua como ferramenta electoral e partidaria, que é o que explica a persecución explícita e a desactivación permanente e soterrada da lingua, que está como sabemos aos pés dos cabalos da globalización, cos que paradoxalmente se identifica un Goberno que, en boa medida, recibe dela a lexitimación e a existencia. […]»

Vía “Se un medio en galego cae, non é só culpa do poder político” · ELPAÍS.com.

Share

Comments are closed.