Cae outro artigo dun xornal?

Ultimamente estamos a ficar sorprendidos pola man tremente dos medios galegos, con estraños casos en que artigos lavados e co ferro pasado saen de paseo e nunca máis voltan para a casa. Hai pouco máis de quince días retiraban un artigo de Fran P. Lorenzo do Galicia-Hoxe dixital despois da súa publicación, e hoxe temo que andamos polo mesmo camiño. Despois de ler no perfil de facebook de Marcos Calveiro esta noticia resulta que xa non a atopo no citado xornal… como pode ser isto? A verdade é que no contexto do inverósimil premio de Manuel Fraga polo seu labor cultural contando do inexplicábel apoio da RAG e a pasividade das universidades galegas, esta noticia resalta tamén un colaboracionismo de institucións culturais e académicas que non deixa de ser sorprendente. Será por isto que con rapidez foi retirada a noticia do Xornal ou simplemente responde a unha miraxe de quen xa padece de manía persecutoria socio-cultural?

Share

Comments are closed.