Víctor F. Freixanes: "A cultura galega pasa case irremediablemente pola intermediación dos cenáculos madrileños"

Víctor F. Freixanes: […] Aínda hoxe, a cultura galega, a nosa proxección exterior sobre todo, pasa case irremediablemente pola intermediación dos cenáculos ou plataformas madrileñas, que é onde están os mecanismos de poder, tamén do poder cultural.

[…] A lingua galega ten identidade de seu, moi fundamentalmente porque a lingua é a consciencia que os falantes teñen dela. A lingua é un espazo no mundo: espazo de identidade, no que nos recoñecemos. Mal asunto se nos despoxamos dos falantes, que a vivifican decote e son a razón da súa existencia. Mais tamén é certo que o galego forma parte dunha grande irmandade: galego-luso-brasileira, que mesmo inclúe as nacións ou territorios de África que falan este idioma, ou variantes destas falas. Hai que profundar nesa relación, entre outros argumentos porque nos resulta útil (tamén economicamente), porque amplía o noso espazo obxectivo de relación, mais tendo en conta a primeira parte desta resposta: a lingua ten que ser recoñecida como tal polo conxunto da sociedade galega, non por un grupiño de especialistas máis ou menos espilidos. A lingua non se produce nin se desenvolve nun tubo de ensaio, senón na dia- lé­ctica do grupo social que a fala.

Vía “Nós” era a modernidade” | Galicia Hoxe.

Share

5 comments to Víctor F. Freixanes: “A cultura galega pasa case irremediablemente pola intermediación dos cenáculos madrileños”

  • Xose Ramon

    Hmmmmm Os caminhos do Senhor sao inesscrutaveis…
    Porem eu clame pela Paz (Agustín, of course…): xa temos símbolo.
    Saúde

  • Ernesto Vázquez

    Opinar é gratuíto… Mas à hora da verdade o que contam são os feitos…

    E nesses momentos, Galáxia, que sempre se reclamou herdeira de Nós (cousa que desde logo eu, que algo sei de Nós, acho uma das grandes mentiras da cultura galega) fica com quem manda… e quem manda tem Madrid por referente…

    É absurdo dizer isto e justo depois avalar um cadáver político e exemplo de estultícia madrilenhista como Roberto Varela… porque querer o prémio que rejeita com absoluta dignidade Fernández Paz… isso não sei como se come…