Lector online de Google: 20 Things I Learned About Browsers and the Web

Tati Mancebo: «Que Google publique un libro sobre os fundamentos da arquitectura de internet desde o punto de vista do usuario do navegador é xa de por si interesante. Se ademais é quen de reducir os contidos a 20 puntos explicados con sinxeleza para que calquera persoa non familiarizada con palabras como DNS, cookies ou html5 poida facerse unha idea clara do que está a facer cando navega, compra, vende, le e se relaciona na rede, entón é aínda máis interesante. Pero ademais o libro está maquetado con sinxeleza e claridade, os deseños simpáticos e dinámicos, transmiten a súa simplicidade, acorde co principio de Google de que a tecnoloxía nunca debe ser un problema.

Ah, si, tamén inclúen unha pequena animación na páxina 4, para que non pensemos que os elementos en movemento son patrimoni oexclusivo das apps. para o iPhone e para o iPad.

Este libro vai aínda máis lonxe. Non é un PDF para descargar, afortunadamente. É unha publicación online construída con html5 que pode lerse desde o navegador, compartirse enteiro ou por seccións nas redes sociais, e todo a través dunha interface agradábel cuxo deseño non quixo perder a similitude directa co libro en papel, para demostrar que a lectura en pantalla non ten por que conformarse como unha simple visualización de páginas web que convida a un exercicio de lectura irremediabelmente presuros e superficial.[…]»

Vía Tati Mancebo.

Share

Comments are closed.