Alfredo Ferreiro, Lusofonia, Sociedade

O novo Culturgal, agora atendendo a lusofonía

«A Feira das Industrias Culturais galegas abre mañá no Pazo da Cultura de Pontevedra como o gran fogar da cultural galega, coas portas e ventás abertas para toda a sociedade. Constitúe un espazo de construción colectiva con todas as súas estancias -o salón, o patio, o faiado, a recámara, o cuarto dos nenos e os corredores- cheas de música, literatura, creación audiovisual, artes escénicas, deseño e novas tecnoloxías; unha mostra da unión sectorial e da solidez profesional da nosa cultura. Con horario de 11h a 21h e de acceso gratuíto, ata o domingo 28 ofrecerá a posibilidade de gozar de máis de 150 horas de actividades programadas. […]»

Vía Culturgal.

«A Associaçom Galega da Língua (AGAL) estará presente na ediçom do Cultural mais virada para a Lusofonia, de 26 a 28 de novembro. A presença da entidade reintegracionista será mediante duas marcas criadas neste ano, a ATRAVÉS|EDITORA e a loja Imperdível, ambas apostas estratégicas da associaçom.

Mercê a estes dous projetos complementares, agora realidades consolidadas, o público que se aproximar ao stand agálico poderá conhecer de primeira mão as novidades editoriais, assinadas por poderosos nomes como os de Carlos Taibo, Ugia Pedreira, ou Séchu Sende, sem esquecer a pertinente olhada a clássicos como Castelão, ou ao magnífico trabalho da Comissom Lingüística da AGAL. […]»

Vía A AGAL estará presente no Culturgal mais virado para a Lusofonia.

Share
Standard