Alfredo Ferreiro, Prémios literários, Sociedade

Os Premios da cultura xeran un debate sobre o compromiso

«[…] Anda a xente moi escocida, coa decisión de Galaxia de aceptar o Premio Ex-nacional. Xa escribín sobre isto e vouno volver facer.

Freixanes, nada menos que se permite dar consellos a don Agustín Fernández Paz. Supoño que ese día se lle subiu o viño á cabeza. Porque a argumentación que esgrime é aterradoramente pobre:

“Temos que atopar espazos e, con máis ou menos entusiamos, temos que aceptar as regras de xogo común, porque a sociedade somos todos”

-As regras do xogo non son comúns para convocantes e convocados, son as regras dos convocantes.

-Porque temos nós que aceptar as regras do xogo cando o convocante (PP, baixo intermediario da Xunta) partiu a baralla non as aceptando, non aceptando nin as elaboradas polo propio PP (LNL, por exemplo)? […]»

Vía ferradura en tránsito » caso Galaxia, as cousas claras.

«[…] Asistín durante todo o día de onte os asubíos a Freixanes por criticar que Fernández Paz rexeitase o Premio da Cultura Galega das Letras. Eu concordo con Víctor en que non se pode confundir o coxuntural co permanente: unha cousa son as persoas que nos representen neste momento na máis importante institución nacional e ben outra é a propia institución. Aínda concordando con el, percibo que o propio Freixanes cae no mesmo erro que censura a Agustín cando marca os nosos en contraposición aos gobernantes actuais: el tamén mestura coxuntural e permanente, e mesmo remite o que presenta coma un problema de respecto institucional a unha desputa política. Os argumentos agoreiros de Facebook de onte resúmese en que Freixanes quitou os fuciños para ver se ten a porta levadiza deles está baixada para cambiarse de bando. […]»

Vía APUPOS PARA FREIXANES, SILENCIO PARA FERRÍN – CABARET VOLTAIRE.

«[…] a Xunta, arroupada por un coñecido grupo de dadores case profesionais de premios, resolveu a convocatoria como mellor puido. Un dos elixidos foi Agustín Fernández Paz, quen, a pesar de agradecer a grande honra que supuña o premio, declinou recibilo. A razón é ben sinxela e ben pode alcumarse de coherente. Algúns engaden a palabra dignidade ao seu xesto e, aínda que eu creo que ao propio Agustín non lle debe gustar tal tesitura, consideran, como tamén considero eu, exemplar o seu rexeitamento.

Outros premiados deciden aceptalo e eu debo engadir que, se é digno e coherente non recibir un premio por non estar de acordo coa política lingüística do governo responsable de entregalo, non é mostra de indignidade nin por suposto de incoherencia recibilo: non me parecen xustas as acusacións aos que deciden aceptalo. […]»

Vía ARUME DOS PIÑEIROS: OS NOSOS.

«[…] A constatación sobre a dignidade aínda tarda algo máis en se manifestar. Faise a través dos comportamentos. Fernández Paz, don Agustín, gañou estes días doses extraordinarias de dignitas; na miña opinión, doses similares ás que perderon os outros seis galardoados. Porque aceptando o premio están outorgando valor de normalidade á anomalía histórica que representa a política cultural e lingüística abominable deste goberno.»

Vía A trenza.

Actualización:

A Nosa Terra – Acabemos cos Premios da Cultura.

Sen cartos pero con polémica · ELPAÍS.com.

Galicia Confidencial :: Ferrín bríndalle o premio Fernández-Latorre a Agustín Fernández Paz.

Actualización 28/11/2010:

Galicia Confidencial :: Fernández Paz agradece o xesto de Ferrín pero quere fuxir de “polémicas”.

Share
Standard