Ramón Nicolás, benvido á Blogaliza!

Outra das gratas noticias que celebramos e queremos partillar é a chegada do profesor, tradutor e crítico Ramón Nicolás á nosa comunidade de blogues. O seu Caderno da crítica, para alegría nosa público desde Blogaliza, resúltanos imprescindíbel pola calidade e a cantidade de referencias sobre literatura. É, ao mesmo tempo que un recoñecido activista do sistema literario sempre ben disposto para colaborar na divulgación das nosas letras, un home a quen as particularidades de cada árbore non lle impiden ver o bosque.

Share

Comments are closed.