'O poema, a viagem, o sonho', de Arménio Vieira

A súa poesía ofrece unha mestura moi particular de referencias clásicas e sintaxe longa e retórica utilizadas dun xeito que só a modernidade posterior ás vangardas pode asumir, o que depara nuns textos poéticos en prosa sorprendentes:

Arménio Vieira, premio Camoens 2009, é considerado un “escritor irreverente” (e digo eu: agora somos todos así en España, pois xa ficou claro que non temos monarquía que unha reverencia mereza). Iniciouse na literatura como poeta alá polos 80, como tantos escritores da nosa Galiza e vive tamén nun pequeno país, Cabo Verde, de loito a día de hoxe polo falecemento de Cesária Évora, tan aprezada entre nós. E para colmo de semellanzas, quéixase de que como poeta publicou este libro que referenciamos en 2009 e, aínda co Camoens de estandarte, non ten recibido ningún diñeiro da editorial.

«O sonho, isto é, a via pela qual viaja o sonhador, tem mares, mostrengos, menos que só viu quen não precisa de velas, mastros, quilhas para que de ciclopes, sereias, bruxas conte o que Ulisses não podia contar. Porventura o Grego ter-se-ia lembrado que, de quanto doeu, Nausica fora o pior tormento? (Ela que o quis com não fingido amor, sem que ele pudesse amá-la!) Saberia Ulisses contar os sonhos de alguém que o pôs no mar e lhe deu navios? E que, ao despertar, achou que era tempo de ele rever o lar, que é onde acaba o mar e começa a viagem de quem, viajando nunca, é o que deveras viaja?» {O poema, a viagem, o sonho, de Arménio Vieira}

Share

Comments are closed.