'As escollas electivas', ou a divulgación colectiva da poesía

«[…] Hai 100 anos que naceu o poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro e, nesta data tan sinalada, nace esta iniciativa poética As escollas electivas, coa idea de xunguir aos poetas contemporáneos de Galicia.

As escollas electivas é unha inciativa privada, inspirada noutros proxectos similares (que puxo en marcha o arxentino Alejandro Méndez), e que teñen como único fin amosar a poesía dos autores vivos galegos.

A Suso Díaz e Maripaz Paz, como contribuintes a este proxecto, móvenos o interese que temos pola poesía, e cremos que este é un bo medio para defundir a poética que se está a escribir no país, coa idea de que sexa divulgada e coñecidos os seus autores. É a nosa humilde aportación en prol da lingua, que é o horizonte que nos move, e o vieiro que non queremos perder como seña da identidade do noso pobo.

«Mais o lume que alampea / xamais o veredes morto».

[…] O único xeito de aparecer neste caderno é ter sido mencionado por outro/a poeta. De ser o caso, ponte en contacto con nós no correo: asescollaselectivas@gmail.com. Tamén agradecemos que os autores nos faciliten algún enderezo dos/as escollidos/as por eles/as, para establecer comunicación e ir enchendo este espazo.

Este caderno medra contigo, coas túas achegas, e é unha obra en permanente construcción.
[…] Criterios para participar deste espazo

Os poetas para seren incluídos terán:

Que ser proposto/a por outro/a poeta.
Escribir poesía en lingua galega, independientemente do lugar de residencia ou da nacionalidade.
Nomear alomenos a outro/a poeta, ata un máximo de dez […]»

Share

Comments are closed.