Fervenzas literarias: os mellores libros de 2011

«Tras un mes de votacións temos, un ano máis, os resultados cos que as lectoras e os lectores de Fervenzas Literarias decidiron foi o mellor do 2011. En total, este ano recibimos 471 enquisas.
Desde Fervenzas Literarias queremos agradecer a vosa participación e o voso interese, porque estes premios, aínda que polo de agora só sexan de carácter simbólico, queren reflectir a voz dos lectores e das lectoras galegas. A voz dos que somos receptores e consumidores dos libros que @s escritor@s e editoriais poñen nas librarías e nas bibliotecas.» {Fervenzas literarias}

No apartado de poesía temos que celebrar o cuarto posto do noso Versos fatídicos, sen esquecer o agradecemento permanente que lle debemos a Fervenzas Literarias pola divulgación da nosa literatura.

Share

Comments are closed.