Críticas e referências, Poesia

Versos escollidos, de Wisława Szymborska

Versos escollidos“Wisława Szymborska, nos seus versos, partindo tanto dun mínimo incidente cotián como dun feito tráxico, capta os máis sutís conflitos da alma. O paso do tempo, a beleza, o amor, o odio, a dor, a morte, os soños, os pequenos detalles, a humanidade… aparecen mediante unha escritura enxeñosa, intimista e sinxela en aparencia.  No seu discurso de recepción do Nobel –ou “a catástrofe”, como ela o define– repetiu dúas palabras: “Non sei”. Porque é a curiosidade o que a poeta nunca perdeu.” (Texto de capa)

Máis unha vez Edicións Positivas logra demostrar unha ollada perspicaz e un peito valeroso no mundo editorial galego. Esta edición, traducida e prefaciada por Lucía Caeiro, ofrece máis de trescentas páxinas de poesía en polaco/galego dunha Premio Nobel de Literatura considerada un dos maiores vultos da poesía contemporánea mundial. Sen dúbida unha edición de grande folgo que non debería pasar desapercibida en ningún mercado, e menos no modesto mais heroico sistema literario galego.

Vietnam

Muller, como te chamas? –Non sei.
Cando naciches, de onde es? –Non sei.
Porque escavaches esta gorida na terra? –Non sei.
Dende cando te agochas aquí? –Non sei.
Porque me mordiches no dedo anular? –Non sei.
Sabes que non che imos facer nada malo? –Non sei.
De parte de quen estás? –Non sei.
Agora estamos en guerra, tes que elixir. –Non sei.
A túa aldea aínda existe? –Non sei.
Estes son os teus fillos? –Si.

De Unha monada (1967)

Share
Standard

Deixar uma resposta